-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular reunirase cos sectores económicos afectados polo atraso do Plan Xeral

07/02/2008

 
  • Os populares insisten en reclamar que se presenten informes xurídicos que clarifiquen que ningún cidadán se vexa nunha situación de indefensión xurídica polos cambios introducidos no documento urbanístico.
  • Esta tarde os populares participaron nunha reunión aberta aos veciños das Gándaras para dar conta da información da que dispón sobre este barrio e lindeiros.
 

O Grupo Municipal do Partido Popular anuncia a convocatoria dunha reunión cos sectores económicos e de representación cidadá afectados polo atraso do Plan Xeral.

Os populares convocarán para o vindeiro luns, día 11 ás 17:00 horas unha reunión de traballo con Colexios Profesionais, APEC, Asociación de Promotores, CEL, representantes do movemento veciñal... Este encontro servirá para pulsar a opinión destes colectivos en relación coa tramitación do Plan Xeral e tamén se informará das diferentes achegas que o grupo popular presentou con intención de mellorar o Plan.

A xuízo do Partido Popular o atraso do Plan Xeral é un problema máis que agrava a situación do sector da construción e que terá incidencia no emprego. Outra consecuencia directa desta situación de paralización é a escaseza de chan, o que incide, dun xeito directo, na subida do prezo da vivenda.
Foto

O Partido Popular criticou "a falta de credibilidade" do equipo de goberno socialista. O PP considera que o futuro de Lugo non se pode supeditar ás convocatorias electorais: "un proxecto deste tipo ten que estar por encima das contendas nas urnas". Deste xeito contestaba á afirmación de Liñares de que en marzo contaban con ter aprobado o plan.

A día de hoxe non se convocou a Comisión de Planeamento. Seguimos acumulando outra semana máis de atraso.

O Partido Popular volveu insistir en que é necesario que se presenten informes xurídicos que clarifiquen que ningún cidadán quede en situación de indefensión xurídica polos cambios introducidos.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo