-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
García Díez lamenta as serias molestias que ocasiona aos lucenses o atraso da apertura da oficina do DNI

06/02/2008

 
  • O Portavoz do Grupo Municipal Popular e candidato ao Congreso dos Deputados explica que as oficinas levan meses terminadas polo que, ao seu xuízo, a demora responde "a unha estratexia deliberada do PSOE para inaugurar as dependencias a poucos días da campaña".
  • García Díez, ve inxustificable o atraso da apertura da oficina do DNI de Lugo. Dado que as obras terminaron fai meses non atopa unha xustificación do por que continúan pechadas
 

O Portavoz do Grupo Municipal Popular e candidato ao Congreso dos Deputados ve unha clara intencionalidade á hora de atrasar esta inauguración xa que ao seu xuízo, a demora responde "a unha estratexia deliberada do PSOE para inaugurar as dependencias a poucos días da campaña".

Segundo explicou García Díez, as obras de acondicionamento do local situado na Avenida de Ramón Ferreiro terminaron en novembro de 2007, tal e como o Goberno Central esixiu á empresa adxudicataria.
Foto

García Díez reprocha esta forma de actuar "na que se priman os intereses partidistas ante os intereses da cidadanía en xeral" e puntualizou que a consecuencia directa desta decisión do PSOE ven afectados todos aqueles lucenses que desde fai dous meses sofren, desde primeira hora da mañá, longas colas á intemperie para tramitar o seu DNI nas actuais oficinas da rúa Chantada.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo