-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular presenta seis iniciativas para debater no Pleno do próximo Luns

05/02/2008

 
  • O Grupo Municipal Popular rexistrou tres proposicións para debater no próximo Pleno Municipal
 
  1. Por unha banda reclama que o Concello pida a supresión do canon dixital ao Goberno
  2. Tamén se solicita a paralización do proceso de adxudicación e mantemento da Fábrica da Luz e reclámase que os técnicos municipais competentes na materia emitan un informe que indique os pasos a realizar e o financiamento a contemplar para dotar ao edificio da Fábrica da Luz dunha zona como Museo da Enerxía, un aula da natureza vinculada ao río Miño, e unhas instalacións para unha Escola Municipal de Pesca, xestionadas todas elas polo Concello.
  3. A terceira proposición que se votará no Pleno a instancia do Grupo Municipal Popular consiste e instar ao Goberno Municipal a realizar as xestións que sexan necesarias para implicar as Administracións competentes na materia (Xunta de Galicia e Ministerio de Fomento), de face á establecer os mecanismos de colaboración que permitan deseñar e financiar as actuacións necesarias para conseguir a reurbanización do tramo da estrada N-VIN ao seu paso polo núcleo de Nadela, con tratamento de tramo urbano (mobiliario, beirarrúas, alumado...).
Tamén se solicita que dito proxecto contemple a subsanación das diferenzas de niveis existentes entre a estrada e as beirarrúas, que están provocando inundacións nas casas. Noutro punto da proposición dos populares ínstase a contemplar as actuacións pertinentes para delimitar os impactos que a nova estrada produce sobre a carballeira, e proceder á súa protección adecuada unha vez terminadas as obras.
Foto

O portavoz do Grupo Municipal Popular recordou como o Partido Popular, cando aprobou no seu día o proxecto do desdobramento da antiga estrada N-VIN ao seu paso polo Concello de Lugo, no tramo comprendido desde o enlace da A6 en Nadela e o futuro enlace coa Avenida de Madrid, presentou diversas medidas de cara a conseguir un mellor tratamento para o antigo trazado, e de xeito moi especial do núcleo urbano de Nadela. Cabe recordar entre elas, as emendas aos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2008 para que o Ministerio de Fomento se encargue un proxecto de reurbanización do devandito tramo de estrada.
Unha vez máis a proposta foi rexeitada por quen din defender á nosa terra.

Auditorio.-

O portavoz do Grupo Municipal Popular volverá reclamar explicacións do futuro do auditorio. Joaquín García Díez quere saber "Que xestións realizou o Señor Alcalde desde o Pleno de decembro para saír da situación de parálise na que se atopa a construción do auditorio municipal no Cuartel de San Fernando?"

Á marxe destas iniciativas o Grupo Popular tamén presenta dous rogos. Nun deles solicítase que se garanta que os órganos municipais que teñan conferidas as atribucións correspondentes cumpran e fagan cumprir a "Ordenanza reguladora de espazos públicos dedicados á venda ambulante" en todos os seus extremos.

O outro rogo é para que se utilice no asfaltado dos accesos e os núcleos rurais un material con idéntica calidade e resistencia ao que se emprega na cidade: unha mestura bituminosa de aglomerado en quente, e para que se elabore un catálogo de camiños municipais no que se analice e determine o estado de conservación dos case 500 quilómetros de pistas asfaltadas que na actualidade ten o municipio e do resto dos camiños, que sirva para facer un protocolo de actuación no total das vías.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo