-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
García Díez consegue o compromiso de Orozco para que escoite e teña en conta as prioridades do movemento veciñal á hora de priorizar obras nos barrios

04/02/2008

 
  • O portavoz do Grupo Municipal Popular solicitou esta mañá, nunha entrevista co Alcalde, que cumpra os seus compromisos e dea audiencia a estes colectivos para avanzar no desenvolvemento dos orzamentos.
  • As xestións para acondicionar en Rubiás o circuíto de velocidade iniciaranse en breve grazas ás condicións impostas polos populares cando deron o seu apoio aos orzamentos.
 

O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular, Joaquín García Díez, entrevistouse esta mañá co Alcalde de Lugo coa idea de avanzar no desenvolvemento dos orzamentos para este exercicio.

De momento o Partido Popular conseguiu o compromiso de Orozco para que se convoque unha reunión coas asociacións veciñais para que, antes de repartir os investimentos para arranxos e urbanizacións de rúas, se escoiten e se teñan en conta as opinións dos veciños e deste xeito marcar as prioridades de cada barrio.

Joaquín García Díez xa avanzou que esta mesma semana o seu grupo manterá un encontro con asociacións do movemento veciñal para obter información de primeira man das demandas que consideran prioritarias para cada barrio.

Considero que unha vez aprobados os orzamentos o primeiro que se debe abordar son as obras de urbanización que se van a acometer na cidade e parroquias e para iso é imprescindible escoitar a voz dos seus representantes”.
Foto

Circuíto de motocrós.-

García Díez tamén indicou que de inmediato se iniciarán os contactos cos veciños de Rubiás co fin de utilizar o monte veciñal para a construción do circuíto de motocrós. O proxecto que defende o Grupo Popular é construír nun espazo de 20.000 metros cadrados un circuíto pechado cunha lonxitude de 2.000 metros e cun ancho de entre 8 a 10 metros.

Estas instalacións poderían acoller sen problemas probas de nivel provincial e autonómico. O Concello tería na súa man a posibilidade de dotar a este circuíto de motocrós das infraestruturas necesarias para que nun futuro ata poida albergar campionatos nacionais. Tamén servirían para a práctica do car-cros e o uso de Quads.

Outro proxecto que se puxo sobre a mesa na reunión desta mañá entre García Díez e Orozco foi o da gardería do CEAO, que se podería construír nunha parcela de titularidade municipal para evitar atrasos no cumprimento deste compromiso que o Goberno Municipal asumiu a instancias do PP na aprobación dos Orzamentos do Concello para o 2008.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo