| |
García Díez participou nos actos de presentación da oferta turística de Lugo en FITUR |
02/02/2008 |
|
| |
|
| |
O candidato do Partido Popular ao Congreso pola provincia de Lugo, e portavoz do Grupo Municipal Popular participou hoxe no acto de presentación da oferta turística de Lugo en FITUR.
Joaquín García Díez considera que "a promoción da Muralla é moi importante", aínda que discrepa do ritmo de traballo que marca o Concello de Lugo: "hai que avanzar máis rápido", puntualizou cando se referiu ao atraso de máis de catro anos na posta en marcha da páxina web propia do Plan de Excelencia Turística.
|
García Díez opina que para fortalecer o turismo "hai que buscar non só o apoio de empresarios, senón tamén de todas as forzas políticas". |
|
Nese sentido pediu que as dúas administracións competentes na materia, actualmente de distinta cor política (PSOE e BNG), aparcasen as súas diferenzas porque "tirando cada un para o seu lado" o resultado nunca será todo o positivo que necesitamos para vender o potencial turístico da provincia. |