| |
O Grupo Municipal Popular reclama un control máis exhaustivo para evitar as verteduras ao Miño |
01/02/2008 |
|
| |
- A Confederación hidrográfica penalizou ao Concello a pagar máis de 7.000 euros.
- "Á vista está que o Concello nin se preocupa, nin toma as medidas que están ao seu alcance".
|
| |
O Grupo Municipal do Partido Popular reclama un control máis exhaustivo das verteduras que chegan ao río Miño. A edila popular, Teresa Taboada, facía estas declaracións despois de que nestes últimos días detectásese un novo caso nas proximidades da ponte romana. O Grupo Popular quere saber se se trata de verteduras localizadas, e se se fixeron os pertinentes análises das augas.
No barrio da ponte están xa están cansados de que se repita este problema sen que ningunha administración tome cartas no asunto. Ata algún veciño presentou denuncias porque as verteduras chegaban ata a súa propia vivenda.
|
Para Teresa Taboada "á vista está de que o Concello nin se preocupa, nin toma as medidas que están ao seu alcance" e unha proba do seu desinterese son as CINCO sancións coas que a Confederación Hidrográfica do Norte penalizou ao Concello a pagar 7.140 EUROS.
|
|
En 2006 rexistráronse catro sancións: unha por unha vertedura do colector ao río Miño, por un imporche de 1.500 €; outra multa de 1.800 € por verteduras de augas de lavado filtros da estación ETAP; e dúas multas de 1.800 € por verteduras do colector municipal ao Río Rato.
Durante o 2007, o Concello non presentou o informe que lle requiriu a Confederación Hidrográfica relativo ás condicións das augas residuais tratadas na Estación depuradora. Multa de 240 €.
Na actualidade está pendente de tramitación unha segunda denuncia por verteduras de augas de lavado filtro da ETAP. Ao tratarse dun caso no que se reincide é probable que a sanción supere os 1.800 €.
|
|
|
|
|