Á vista das novas relativas á apertura de expedientes no seo da policía local o Grupo Municipal Popular reclama que os servizos xurídicos do Concello se fagan cargo dos expedientes abertos aos axentes da Policía Local de Lugo, xa que son estes servizos "os que deben instruír os expedientes e propor as sancións no caso de que houbese motivos".
Enrique Rozas pide que se axilice ao máximo a resolución destes expedientes, xa que se verteron graves acusacións públicas que esixen unha rápida aclaración. "Parécenos unha imprudencia que se dane a imaxe dun corpo de seguridade filtrando informacións de expedientes persoais, e que se poña, con nome e apelidos, a un dos axentes como cabeza de turco".