| |
O Grupo Municipal Popular denuncia o perigo do acceso dos centros Leiras Pulpeiro e Casás |
28/01/2008 |
|
-
- Por mor das obras de urbanización nas proximidades, os estudantes ven obrigados a sortear gabias e maquinaria pesada.
- Alicia Peña solicita que a policía estableza controis, ás horas de entrada e saída, mentres duran as obras.
|
| |
O Grupo Municipal do Partido Popular advertiu do perigo que supón para os peóns circular pola rúa Orquídea, pola que se accede aos centros Leiras Pulpeiro e o Colexio de Casás.
O grupo popular comprobou, tras recibir varias chamadas de pais de alumnos e veciños da zona, o gran risco que supón circular por esta vía afectada por unhas obras de urbanización.
|

|
A edila popular, Alicia Peña, reclama que se tomen medidas dun xeito urxente xa que por esta zona acceden moitos escolares aos seus centros de estudo: "A zona de paso para os peóns reduciuse, o que obriga aos estudantes a sortear gabias e maquinaria pesada ao carecer dunha beirarrúa ou paso provisional para peóns". |
A situación empeora á hora de entrada, de 8:30 a 9:00 horas: "estes días de néboa aínda se complica máis a cousa, xa que a visibilidade é escasa".
Peña solicita ao Equipo de Goberno que se establezan, ás horas de entrada e saída destes centros, controis policiais, xa que ademais dos estudantes que acceden a pé pola rúa Orquídea hai que controlar a baixada dos numerosos autobuses de transporte escolar que teñen ambos os centros.
|
A calada por resposta.-
A sensibilidade do Partido Popular pola correcta sinalización xa quedou patente en numerosas ocasións, chegando a propor a constitución dunha comisión local de seguridade viaria coa que se daría solución inmediata a este tipo de problemas. Os populares lamentan que a día de hoxe o Concello dea a calada por resposta.
|
|
| |
|
|
|