| |
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular propón ampliar horarios e crear prazas específicas de urxencia social e descarga familiar nos centros de día |
25/01/2008 |
|
| |
-
O Grupo Municipal Popular propón ampliar horarios e crear prazas específicas de urxencia social e descarga familiar nos centros de día 25/01/2008 Benestar social e muller A concelleira do PP, Sofía López Linares, pediu en rolda de prensa ao equipo de goberno que estude a posibilidade de ampliar horarios e crear prazas específicas de descarga familiar e urxencia social nos Centros de día que dependen da administración local.
|
| |
A concelleira do PP, Sofía López Linares, pediu en rolda de prensa ao equipo de goberno que estude a posibilidade de ampliar horarios e crear prazas específicas de descarga familiar e urxencia social nos Centros de día que dependen da administración local.
Respecto da ampliación de horarios, a idea que López Linares pon sobre a mesa é abrir os centros de oito da mañá á dez da noite durante a semana, co obxecto de conciliar a vida familiar para aquelas persoas que traballen a quenda partida. |
A día de hoxe, o horario do centro de día municipal Antonio Gandoy é de 9:00 horas da mañá a 19:00. ?Coa nosa proposta adecuaríase ao horario laboral e real da poboación?. |
|
A concelleira popular tamén reclama que se estude a posibilidade de crear prazas específicas de descarga familiar de fins de semana. Actualmente non se pode dispor deste tipo de prazas a menos que os usuarios habituais (que acoden a diario) non vaian durante o sábado e o domingo e polo tanto deixen prazas libres.
Sofía López tamén aposta por que existan prazas de curta duración (tres a catro horas de duración). Estas prazas utilizaríanse para casos de urxencia social, servindo por exemplo como apoio para cubrir a ausencia do coidador do dependente en días puntuais, xa sexa por ter que tramitar asuntos administrativos, acudir ao médico, ou realizar xestións que non poidan demorarse.
Por outra banda, Sofía López presentou unha batería de preguntas para coñecer o nivel de prestación que se está dando en Lugo no campo dos Centros de Día, co fin de que o equipo de goberno explique as asistencias que, cada vez máis interesan aos cidadáns. |
| |
|