| |
O Grupo Municipal Popular avoga por dar participación aos veciños para deseñar este plan de actuación |
24/01/2008 |
|
-
Esta proposta formou parte da lista de compromisos que García Díez reclamou ao PSOE cando lle brindou o seu apoio aos orzamentos municipais.
-
García Díez reclama a constitución da mesa que priorizará as obras de mellora dos barrios e parroquias da cidade.
|
| |
O portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez, reclamou esta mañá a constitución dunha mesa de traballo para consensuar, coas asociacións de veciños, un plan de actuación para mellorar os distintos barrios da cidade e da zona rural.
A proposta do Grupo Municipal responde a un dos compromisos adquiridos a instancia do Partido Popular a cambio de prestar o seu apoio aos orzamentos municipais.
García Díez pide a creación desta mesa, na que estarían grupos políticos e representantes veciñais. A súa función sería que, antes de repartir os investimentos para arranxos e urbanizacións de rúas, escóitense e téñanse en conta as opinións de veciños e de grupos políticos e deste xeito se consensúen as prioridades de cada barrio.
|

|
Esta petición realizouna no transcurso dunha visita ao barrio das Gándaras, na que García Díez, acompañado por concelleiras do seu grupo comprobou a pé de rúa as deficiencias desta zona. |
Entre outras cousas, os populares avanzaron que solicitarán a mellora da sinalización viaria, xa que a que hai é moi escasa. Ademais presentarán unha petición para completar as beirarrúas que quedaron a medio facer, así como para que se dea unha solución aos tramos que quedaron moi estreitos.
O Grupo Municipal tamén reclamou unha maior presenza policial para paliar os posibles problemas de convivencia que puxeron de manifesto algúns veciños da zona, que se queixaron da existencia de tráfico de drogas.
|
|
O Grupo Popular vén realizando con frecuencia visitas similares a distintos barrios de Lugo "coa idea de pulsar en vivo, e escoitar de boca dos propios veciños cales son as súas principais reclamacións". |