-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular aposta por paralizar a adxudicación da xestión da Fábrica da Luz ata que se debata no Pleno unha proposta da súa autoría

23/01/2008

 
  • García Díez cre que o canon que pagará a empresa seleccionada para a súa explotación é ridículo: "O concello regala por 450 euros de aluguer ao mes un palacio á beira do Miño".

  • O proxecto da empresa con máis puntos no concurso suporía desmantelar pezas históricas como a antiga turbina eléctrica.

  • En 1999 habíase re-inaugurado o edificio totalmente rehabilitado. Oito anos despois, e tras deixar que se deteriorase enormemente, o Concello malgasta varios millóns de euros noutra rehabilitación.

 

O Grupo Municipal Popular presentará unha proposición ao Pleno para paralizar o expediente da adxudicación da explotación da fábrica da luz a unha empresa particular.

Joaquín García Díez subliñou que "podemos apoiar a privatización de servizos. Outra cousa é que un edificio xa rehabilitado déase a unha empresa a cambio dun ridículo aluguer: o Concello regala un palacio patrimonio de todos, á beira do Miño, a unha empresa privada por 450 euros mensuais". Os populares recalcaron que a concesión será por 38 anos e que neste inmoble levan investidos preto de 2 millóns de euros.

O Grupo Municipal Popular pide que se paralice esta operación ata que se debata a proposición do Partido Popular no próximo Pleno do Concello. En vista dos anos de atraso que acumula o proxecto, García Díez apuntou que quince días máis non eran relevantes, e máis se podían evitar que o Grupo de Goberno cometa un erro.

O anuncio desta iniciativa fíxose esta mañá nunha rolda de prensa ao pé do edificio. Na mesma participaron, ademais do portavoz, Joaquín García Díez, os concelleiros Jaime Castiñeira e Teresa Taboada.
Foto

Os populares xa manifestaran, o pasado 27 de xullo 2007, que opinaban que era mellor que se frease a adxudicación da xestión da fábrica da luz para realizar un estudo exhaustivo sobre a posibilidade de que o Concello explote a produción de enerxía directamente.

Posteriormente reclamouse o informe dos enxeñeiros industriais, documento que, con data 12 de setembro de 2007, recomenda "deixar deserta a contratación".

Outro punto no que o Partido Popular fai fincapé é na supresión das turbinas eléctricas que propón a empresa con máis puntos para conseguir a concesión (INCA). Os populares pregúntase que clase de museo da enerxía eléctrica vaise a montar se as pezas con valor histórico vanse a desmantelar.

Foto
Foto
Visita á reforma
da Fábrica da Luz
García Díez sinala o lugar onde había unha placa conmemorativa da rehabilitación realizada en 1999

Proposición a Pleno.-

O portavoz do Grupo Municipal Popular avanzou que o contido da proposición centrarase en dous aspectos: por unha banda, pedirase que se dedique parte do edificio a albergar unha escola de pesca e un espazo vinculado ao piragüismo. A maiores, a antiga Fábrica da Luz podería albergar un aula de natureza para explicar como evoluciona un sistema eco-fluvial.

Para o Partido Popular non é de recibo que unha vez terminada a obra de rehabilitación adxudíquese esta instalación, por un período de 38 anos, a unha empresa para que a explote, xerando uns beneficios a cambio dun canon "de pouco máis de 5.400 euros anuais".

 
 
 

Antecedentes.-

Esta proposición vai na liña de anteriores iniciativas do Partido Popular. É importante recordar que o Pleno do Concello de Lugo aprobou por unanimidade en novembro do ano 2.000 unha moción para abrir nestas dependencias a Escola Municipal de Pesca.

Tamén, no anterior mandato, o Grupo Popular solicitou que se habilitase un aula da naturaza, e estableceuse un período de catro meses para contestar, sen que se dese unha resposta concreta no prazo previsto.

Foto
Foto

Inauguración da
rehabilitación de 1999

García Díez e Manuela López Besteiro eran os responsables deste proxecto conxunto
Foto
Foto
Antiga turbina en perfecto funcionamento tras a súa reparación en 1999
Permitiuse a deterioración dun edificio perfectamente acondicionado. Agora vólvese a gastar o diñeiro dos lucenses en arranxalo novamente.
 
Durante o mandato de Joaquín García Díez, o Partido Popular deixou en perfecto estado o edificio da antiga Fábrica da Luz. A obra deixou o edificio remocicado, cunha turbina funcionando e en perfecto estado. Aquela rehabilitación realizouse grazas ao traballo dunha Escola Taller que financiou a Xunta de Galicia, durante o goberno do PP, no ano 1999.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo