-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Presidente Provincial do Partido Popular acusou aos dirixentes do PSOE de utilizar actos institucionais para pronunciar panfletos propagandísticos

22/01/2008

 
  • Barreiro subliñou que estas arengas teñen "marca de identidade propia: incumpren todo canto din"
 

O Presidente Provincial do Partido Popular, acusou aos dirixentes socialistas de utilizar actos institucionais para pronunciar "panfletos propagandísticos das promesas que non conseguen facer".

Barreiro destacou que o discurso de onte de Touriño, no acto do trixésimo aniversario da CEL, tiña "a marca de identidade do PSOE". A xuízo de José Manuel Barreiro é unha falta de respecto e un insulto para todos os lucenses e para todos os galegos que o Presidente da Xunta veña a Lugo, invitado a un acto institucional dunha entidade privada, e faga "un mitin en toda regra no máis puro estilo socialista: todo canto din non é verdade".

Para o Presidente Provincial esta actitude non é casual senón que é algo sistemático que se repite en todos os actos institucionais "ao máis alto nivel e de forma reiterada e continua".

Esta situación "está chegando a límites que non son fáciles de aguantar" puntualizou Barreiro, quen animou aos lucenses a rebelarse contra os políticos que faltan á verdade e "que se negan a explicar os motivos polos que non fixeron as cousas que eles mesmos comprometeron". "Esta cidade ten que reaccionar" puntualizou.

José Manuel Barreiro insistiu en que José Branco terá que explicar "porqué non cumpriu coa palabra dada. Se hai tanto interese no AVE por que a comisión creada no Concello non se reúne desde o 17 de decembro 2003?". Barreiro tamén lle pediu explicacións polos 3.000 postos de traballo directos que o Secretario de Organización prometeu ligados ao CETAL para esta lexislatura.

O Presidente Provincial concluíu a súa exposición cominando a José Branco a que cite en materia de infraestruturas "que promesa cumpriu?".

Foto

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo