-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular solicita unha reunión urxente da Comisión de Planeamento

22/01/2008

 
  • Retómase, unha vez máis, a iniciativa ante a falta de noticias sobre o PXOM, e o feito de que xa pasou o mes que reclamou o equipo redactor para levar a cabo as modificacións acordadas sen recibir noticias.
  • O 10 de febreiro acaba o prazo de suspensión de licenzas, pero o Goberno Municipal non parece ter présa.
 

O Partido Popular solicitou esta mañá unha reunión urxente da Comisión de Planeamento. Tal e como denunciaron o Presidente do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro e o concelleiro Jaime Castiñeira, "a estas alturas non hai documentación para revisar. O equipo de goberno demostra o seu "pasotismo" nun tema no que se está xogando co futuro de Lugo".

O Partido Popular sospeita que o PSOE volverá utilizar a estratexia de atrasar, ata logo das eleccións xerais, a aprobación do PXOM: "Sabemos a quen temos enfronte e que a xestión do PSOE non é o seu forte: primeiro tivemos que denunciar a lentitude do ritmo de traballo que marcaban, e agora volvemos estar paralizados".

Na última reunión da Comisión, celebrada o 14 de decembro do pasado ano, o equipo redactor do PXOM foi informado das modificacións que se acordaron entre os tres partidos políticos con representación municipal. As integrantes do equipo solicitaron un prazo dun mes para plasmar estas modificacións, e unha vez vencido ese prazo o Partido Popular pregúntase porqué séguese esperando, sobre todo tal e como vai a nefasta xestión temporal deste asunto

Foto

Os populares temen que, como ocorreu en casos anteriores, o calendario do Plan Xeral resíntase en función das eleccións. "Como non as teñen todas consigo, e andan necesitados de votos, antepón os intereses de partido ao interese xeral. Para o PSOE Lugo non conta".

Tal e como estamos, é imposible que se poida fixar a data do Pleno para a aprobación provisional do PXOM. Como se van a responder as máis de 6500 alegacións que prometeron contestar unha por unha?

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo