-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
Rajoy levará as infraestruturas de Lugo ao Consello de Ministros nos cen primeiros días de goberno do PP

11/01/2008

 
  • O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, fixo o anuncio ao final dunha reunión do Grupo Parlamentario Popular celebrado na cidade das murallas.
  • Os gobernos socialistas de Lugo, a Xunta e o Estado levan 4 anos con "contos electorais" para Lugo: Auditorio, aeroporto, ponche... non hai noticias
  • Feijóo denuncia que o PSOE deixou pasar catro anos de Lexislatura sen facer nada por Lugo e non se acordou das súas necesidades ata a disolución das Cortes.
  • O compromiso concretouse en que o futuro Ministro de Fomento do PP elaborará un cronograma con prazos e orzamentos para construír as autovías e o AVE pendentes en Lugo na próxima Lexislatura.
  • O líder dos populares galegos considera que non é razoable que Lugo sexa a única cidade galega que carece de auditorio.
 

O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que "os gobernos socialistas de Lugo, a Xunta e o Estado levan 4 anos con "contos electorais" para Lugo ". A diferenza deste tipo de promesas baleiras, Feijóo presentou un firme compromiso do PP: "Rajoy levará as infraestruturas de Lugo ao Consello de Ministros nos cen primeiros días de goberno do PP: aprobarase un paquete de medidas para executar as obras públicas que Lugo necesita: a nova ponte sobre o Miño, o desbloqueo da construción do Auditorio de Lugo e un cronograma de execución das autovías e o AVE pendentes."

Estas afirmación fíxoas este mediodía ao final dunha reunión celebrada na cidade das murallas cos integrantes do Grupo Parlamentario Popular e representantes locais e provinciais do partido.

Foto
Núñez Feijóo apuntou que na reunión celebrada esta semana en Sigüenza pola cúpula nacional do Partido Popular expuxo estas cuestións aos seus compañeiros de formación e o Presidente do Partido comprometeuse a incluír estas propostas entre as prioridades de Goberno no caso de que o PP gañe as eleccións xerais.

Contos electorais

O presidente do PPdeG recordou que, a pesar das promesas e anuncios baleiros de contido efectuados por Pepe Branco, o Goberno mantivo paralizadas as autovías interiores Lugo-Ourense e Lugo-Santiago durante todo este mandato e agardou á disolución das Cortes para anunciar a licitación dos dous primeiros tramos desas vías, con tres anos de atraso sobre a previsión inicial.

Todas as liñas de AVE na provincia de Lugo están paralizadas, en catro anos non se fixo absolutamente nada: nin un só avance. Tamén, o presidente dos populares galegos afirmou que a ministra de Fomento, que hoxe está en Lugo, debe ter o valor de explicarlle aos lucenses que fixo co AVE de Lugo nestes catro anos.

Núñez Feijóo afirmou que a única obra que está en marcha na provincia de Lugo é a que deixo executándose o goberno do PP en Madrid, que o goberno de Zapatero atrasou na súa execución en máis de catro anos. As demais autovías están todas estancadas.

Foto

Para superar esta situación, Núñez Feijóo tamén anunciou que, se o PP forma Goberno logo das Eleccións de marzo, o próximo ministro de Fomento elaborará e fará público un cronograma no que comprometerán orzamentos e prazos para acometer a execución das grandes obras públicas pendentes nun prazo máximo de catro anos. "Falo das autovías, pero falo tamén da chegada do AVE a Lugo, que a día de hoxe nin sequera existe".

Por outra banda, os populares galegos están convencidos de que os socialistas galegos volverán nestes meses a Lugo a facer as mesmas promesas que fixeron fai catro anos e non cumpriron, como é o caso da Ponte sobre o río Miño, que Pepe Branco prometeu que estaría en construción no ano 2005 e que aínda non ten data de comezo.

Foto

Tres gobernos socialistas sen entendemento

Do mesmo xeito, o presidente dos populares galegos entende que "se Xunta e Concello non son capaces de desbloquear a construción do novo auditorio, será o Goberno central o que dote a Lugo dunha infraestrutura coa que xa contan as restantes cidades de Galicia".

Neste sentido, considerou "grotesco" que Lugo continúe arrastrando esta carencia desde fai xa máis de 8 anos, como consecuencia da falta de vontade política dos gobernos socialistas no concello, na Xunta e no Estado.

Apuntou que calquera debate público sobre o auditorio é rexeitado sistematicamente pola Xunta e, como exemplo, sinalou que a Xunta de Portavoces do Parlamento négase a admitir a trámite unha interpelación do Grupo Popular sobre este asunto argumentando que "non se trata dun asunto de interese xeral".


Este argumento é rexeitado polo PPdeG, por entender que unha dotación que debe executarse nunha das catro capitais de provincia de Galicia e afecta a un conxunto que está declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco reúne bastantes requisitos para ser considerado de interese xeral para o conxunto dos galegos. Estas diferenzas na interpretación do Regulamento da Cámara levaron ao Grupo Popular a encargar aos seus servizos xurídicos que estuden o caso para presentar unha petición de amparo ante o Tribunal Constitucional.

Oito meses desde o trámite de Cultura

Núñez Feijóo recordou que no día de hoxe cúmprense oito meses desde que o Ministerio de Cultura remitiu á Unesco un informe solicitando un novo pronunciamento sobre o hipotético impacto do proxecto sobre a Muralla Romana de Lugo, sen que desde entón volvésense a ter novas noticias ao respecto. O Ministro tampouco parece ter o menor interese en preocuparse de que o tema mantéñase vivo.

Os populares galegos cuestionaron tamén os incumprimentos da Xunta e puxo como exemplo unhas declaracións efectuadas en outubro de 2007 pola Conselleira de Política Territorial, nas que se comprometía a resolver o conflito derivado da paralización do proxecto do auditorio ao longo do mes de novembro. Con todo, terminou novembro, pasou decembro, finalizou 2007 e tal solución continúa sen aparecer.

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo