| |
|
|
| |
O Partido Popular recibiu hoxe a confirmación de que José Branco acepta debater con José Manuel Barreiro |
09/01/2008 |
|
| |
- A Asociación da prensa e Telelugo fixeron distintas propostas para a súa coordinación.
- O PSOE notificou esta mañá, vía telefónica, que participará no programa da canle local.
|
| |
O Partido Popular de Lugo recibiu hoxe a confirmación de que o Secretario de Organización do PSOE, José Branco, participará no debate que o Presidente Provincial Popular, José Manuel Barreiro, propúxolle o pasado día 9 de outubro no transcurso dunha rolda de prensa. O tema do debate é o grao de execución dos compromisos que o PSOE adquiriu con esta provincia durante a campaña electoral de 2004. |

|
Responsables do equipo de José Branco puxéronse en contacto esta mañá, vía telefónica, co gabinete de prensa do Partido Popular respondendo deste xeito á carta persoal que lle remitiu, o pasado 28 de decembro, José Manuel Barreiro. Na conversación desta mañá, o PSOE notificou que aceptaba a proposta realizada por Telelugo para manter este debate. |
Aínda que o formato que se oferta non responde á formulación inicial que puxo sobre a mesa José Manuel Barreiro, anuncia que acudirá ao programa que está previsto para o próximo día 17 de xaneiro.
O Partido Popular non renuncia, a pesar disto, a celebrar un cara a cara nas condicións expostas inicialmente: aberto ao público e a todos os medios de comunicación interesados. Nese sentido a Asociación da Prensa xa mostrou no seu día a súa disposición a coordinar este debate, ao que o PP confirmou a súa participación o pasado 19 de decembro.
|
|