-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular expresa o seu pesar pola morte de Frei José

08/01/2008

* O que foi Bispo de Lugo durante 27 anos faleceu hoxe finalmente tras unha longa enfermidade.

O Grupo Municipal Popular quere transmitir o seu máis sentido pésame a toda a familia de Frei José e ao conxunto dos sacerdotes e demais colaboradores da Diocese Lucense.

Desde o Grupo Municipal Popular recórdase o gran labor realizado por Frei José, bispo de Lugo, durante os máis de 25 anos á fronte do obispado de Lugo.

Foto
Fotografía do acto de nomeamento de Fillo Adoptivo a Frei José

Tras o recente apoio ao nomeamento como fillo adoptivo desta cidade, Joaquín García Díez, en nome de todos os integrantes do Grupo Municipal Popular, sinalou que ?aínda que era previsible este desenlace, non deixa de sorprender no momento que se produce, e por iso durante uns días os lucenses viviremos estas xornadas de loito con tristeza pola perda dunha gran persoa?.
O Grupo Municipal Popular visitará, esta tarde ás 16:00 horas, a capela ardente instalada no Palacio Episcopal e tamén asistirá ao funeral do próximo xoves.

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo