-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular faise eco do malestar dos veciños da zona da Louzaneta pola colocación de bandas rugosas

06/01/2008

  • Catro bandas rugosas en 450 metros e dunha altura excesiva dificultan a circulación
  • Tamén recolleu a demanda do arranxo da pista.
 
O Grupo Municipal Popular, faise eco do malestar veciñal, pola instalación de catro bandas rugosas nun tramo de aproximadamente 450 metros, na pista da Louzaneta que une a estrada de Santiago coa de Friol e o Burgo.

Foto

O edil popular Manuel López indica que para colocar as bandas rugosas fixeron unhas gabias con formigón, polo que quedan a unha altura excesiva.
Manuel López pensa que nesta zona non é necesaria a instalación de bandas rugosas, xa que cun reforzo da sinalización vertical de limitación de velocidade sería suficiente. Por outra banda o concelleiro popular pide ao Concello o arranxo do firme da pista que está deteriorada e con moitos buracos que dificultan o paso de vehículos.
   

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo