-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Partido Popular ve na aceptación de Orozco do acceso a través do parque Marcos Cela unha rendición e a proba da súa falta de forza para defender a Lugo

05/01/2008

  • Os populares recordan que un acordo plenario obriga ao Alcalde a instar a Fomento para corrixir o deseño do trazado deste acceso.
  • Tamén, durante as negociacións do PXOM os tres grupos abacelaron eliminar este ramal do futuro Plan Xeral.
  • Orozco pon como escusa que se podería atrasar a obra da ponte, o cal non é certo xa que non se modifica o proxecto, senón que unicamente elimínase un acceso agresivo contra un parque.

O Partido Popular ve na actitude do Alcalde de Lugo, José López Orozco, de aceptar que un dos viarios de acceso á futura ponte sobre o Miño cruce o parque de Marcos Cela, un claro incumprimento do acordo adoptado o pasado mes de decembro pola Corporación Municipal. Ese acordo obrigaba ao Alcalde a instar a Fomento para que se modificase o mencionado trazado xa que este, ademais de contar co rexeitamento maioritario dos veciños afectados, prexudicaría notablemente á única zona verde da que dispón a zona de Acea de Olga.

Foto

Esta situación, a entender do Partido Popular, denota ao pouco peso que Orozco ten no seo do seu propio partido, xa que é incapaz de dar indicacións aos responsables do Ministerio de Fomento para que modifiquen a localización deste viario. "É unha proba máis", engaden os populares, "de que non ten forza para defender os intereses de Lugo".

O PP recorda que este asunto xa fora tratado polos tres grupos que teñen representación no Concello e que, de feito, co apoio do PSOE, decidiuse suprimir do PXOM esa conexión da ponte por Marcos Cela.

Neste contexto o Grupo Municipal Popular reitera o compromiso realizado no seu día de que se o PP logra o Goberno de Madrid tras as elección do próximo mes de marzo, faranse as xestións oportunas para que se modifique o proxecto e, deste xeito, elimínese o viario que atravesa o parque Marcos Cela. Unha modificación que, segundo recalca, en nada prexudicaría ao resto do proxecto e non suporá atrasar a ponte nin un só día.

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo