-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular solicita a mellora dos servizos de televisión e telefonía na zona rural

04/01/2008

 
  • Manuel López pide unha maior sensibilidade por parte do Concello cara á zona rural

O Grupo Municipal Popular, a través do concelleiro Manuel López denunciou o mal funcionamento do repetidor de televisión de Pena Crespa que dá servizo ás parroquias de Poutomillos, Bacurín , Burgo, Santa Eulalia de Bóveda, San Pedro de Mera, Prógalo e Vilachá de Mera. Este repetidor é propiedade da Xunta de Galicia, sendo o responsable do seu mantemento o Concello de Lugo.

O edil popular fíxose eco do malestar dos veciños da zona, porque o repetidor funciona de forma deficiente, xa que o sinal que reciben nas súas casas e a calidade da mesma é mala, e ten múltiples cortes de emisións.

Foto

Manuel López subliñou, que en practicamente toda esta zona non se recibe a sinal dalgunhas emisoras como as cadeas de televisión Catro e a Sexta, por iso solicita ao Concello que faga as xestións oportunas para que se mellore o repetidor de Pena Crista coa finalidade de mellorar a recepción dos sinais de televisión e para que se cubra toda a oferta televisiva.

Igualmente recordou que nas parroquias anteriormente mencionadas o sinal de telefonía móbil é moi mala, polo que é imposible facer unha chamada telefónica.

Manuel López pensa que en pleno século XXI é inconcibible que a escasos quilómetros de Lugo haxa problemas de recepción de televisión e de telefonía xa que considera que se trata dun servizo básico para os veciños da zona, e por todo iso insta ao Concello a pór todo o seu empeño en mellorar esta situación para que a xente consiga unha calidade de vida digna no que a servizos básicos se refíre.

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo