-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular solicita o arranxo das deficiencias existentes nalgúns parques infantís da cidade

03/01/2008

* Alicia Peña denuncia que nalgún destes parques a seguridade non está garantida

O Grupo Municipal Popular denuncia a existencia de tres parques infantís con deficiencias graves que poden ocasionar perigos para os nenos, e que están situados na Praza de San Lorenzo, no Parque da Milagrosa e no Parque existente en Duquesa de Lugo á beira das Termas.


A edil popular Alicia Peña subliñou que no caso do Parque da Praza de San Lorenzo (Barrio Feijoo) os xogos infantís conviven cos vehículos que circulan e estacionan á beira do mesmo, xa que non conta que preceptivo valo de seguridade, incumprindo desta forma a normativa vixente.

Foto

Alicia Peña indicou que no Parque da Milagrosa existe unha pequena zona de xogos infantís que conta cun arenero que non ten area, e que ademais o chan dos accesos son de lousas que están sempre cubertas de follas, o que supón un risco porque se converten nunha superficie deslizante.
As papeleiras están oxidadas e rotas dando unha mala imaxe, e xerando un risco para os nenos, o igual que as pedras de grandes dimensións que están xunto os bancos ou en zonas de paso e escaleiras. A fonte que hai no Parque non funciona.

Para rematar, e o que é máis grave, Alicia Peña indica que no Parque situado en Duquesa de Lugo á beira das Termas hai un cadro eléctrico que está ao descuberto, coa porta tirada no chan e os cables accesibles para as persoas que se atopan na zona, por iso urxe o arranxo inmediato desta deficiencia que supón un risco evidente.

A concelleira popular aproveitou para recordar ao equipo de goberno que logo das inauguracións é necesario o mantemento e conservación de todos os Parque infantís, facendo fincapé na seguridade dos nenos.
   
Foto
Foto
Ningún valo nin obstáculo impide aos nenos chegar á zona de paso de vehículos.
Material de obras se apila xunto ás zonas de xogos
 
Foto
Foto
Sen maior separación que un metro escaso...
...atopamos este cadro eléctrico sen tapa e con cables e sistemas eléctricos ao alcance de calquera neno

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo