| |
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular presenta un balance da actividade do novo curso político |
01/01/2008 |
|
*
Joaquín García Díez: "durante o novo ano verase se a confianza que prestamos ao equipo de goberno será merecedora de novos apoios ou se nos obrigará a cambiar de estratexia".
* Os populares presentaron, no que levamos de mandato, 34 iniciativas a Pleno. Tamén abriron novas canles de participación, tanto na rúa como a través da súa páxina web.
* Os populares criticaron a debilidade reivindicativa de Orozco ante o goberno autonómico e o central.
|
O Grupo Municipal Popular presentou, en rolda de prensa, un resumo do seu traballo como oposición en Lugo. O Presidente Provincial e concelleiro do Grupo Popular, José Manuel Barreiro, explicou que a filosofía do Partido Popular nas distintas institucións nas que ten representación vén marcada pola responsabilidade: "Pomos sobre a mesa temas importantes sen caer no oportunismo , evitando pronunciamientos partidistas que o único que perseguen é o rédito do día a día".
A continuación o portavoz do Grupo Popular presentou un resumo do traballo do Grupo Municipal Popular do Concello de Lugo. Joaquín García Díez indicou os tres eixos sobre os que pivotan as accións: a participación cidadá, a presentación de iniciativas e o posicionamento responsable en temas vitais para a cidade como o PXOM, empresa da auga... |
|
Joaquín García Díez avanzou que o seu grupo seguirá en 2008 traballando nesa mesma liña . O portavoz popular, no obstante advertiu que "este ano verase se a confianza que prestamos ao equipo de goberno será merecedora de novos apoios ou se nos obrigará a cambiar de estratexia". |
García Díez indicou que agarda que o alcalde socialista de Lugo cambie o seu "política de anuncios continuos e poucas realidades" . O Grupo Popular, como mínimo, velará para que os compromisos e condicións adquiridas para apoiar os orzamentos sexan unha realidade "non admitiremos desculpas".
Os populares criticaron a debilidade reivindicativa de Orozco ante o goberno autonómico e o central:
Ante o Estado:
- PSOE e BNG, que votan en Lugo a favor de temas como a rolda periurbana na nacional VIN, no Congreso rexeitan esta mesma proposta.
- Lugo perde a Confederación Hidrográfica do Miño.
- Seguimos esperando por temas fundamentais como a nova ponte.
Ante a Xunta:
- Como se entende a cintura política de Orozco cando hai continuos enfrontamentos entre PSOE e BNG?: limpeza da muralla, auditorio, CETAL do PSOE e centro tecnolóxico das consellerías do BNG...
|
1. PARTICIPACIÓN CIDADÁ.-
Joaquín García Díez falou do seu blog, a páxina web, os encontros sectoriais, visitas a barrios e roldas de prensa
"Cumprimos co compromiso de pór en marcha, no mes de setembro, a páxina web e o blog do portavoz" |
|
En tres meses a páxina www.ppdelugo.com recibiu 2.357 visitas, das cales 2028 escolleron a edición castelá e 329 a galega.
A web do grupo municipal conta na actualidade con máis de 150 noticias, o que reflicte unha actualización constante. Tamén se fixo un esforzo por contestar persoalmente a máis dun centenar de correos de denuncias e consultas.
Dun xeito paralelo, o grupo popular leva a cabo un programa permanente de visitas a barrios e reunións sectoriais con colectivos de empresarios, sociais, comerciantes ...).
2. INICIATIVAS MUNICIPAIS
"O PP cumpre coa folla de ruta marcada e mantén unha liña de traballo serio e responsable con, ata agora, máis dunha trintena de iniciativas presentadas".
En total suman 34 iniciativas e consultas ao Pleno. A media é de dúas proposicións, dous rogos e dúas preguntas por sesión cubrindo así a práctica totalidade da cota asignada pola normativa. (75% do contido do Pleno é de autoría do PP).
- 11 proposicións:
Excepto tres o resto das iniciativas presentadas votáronse en contra. As tres con voto favorable foron a relativa a que se realicen na estación de autobuses e de RENFE as obras necesarias para adaptar todas as instalacións a persoas con discapacidade; outra favorable foi que se realicen os estudos necesarios para converter o tramo da estrada n-VIN ao seu paso por Lugo nunha rolda de circunvalación, e para rematar os socialistas votaron a favor dunha iniciativa para que se informase sobre a situación administrativa e das distintas opcións para dar unha solución ao expediente administrativo seguido para a obtención de licenza para a construción de seis bloques de vivendas nos terreos situados xunto ás costas do parque.
As proposicións que se rexeitaron foron as seguintes:
- Dúas proposicións relativas a diversas actuacións de protección da muralla romana.
- Petición de celebración de eleccións democráticas de pedáneos.
- Incremento do orzamento municipal para participación dun 0,7%
- Plan de actuacións para a dinamización da Praza e do Mercado de abastos
- Creación oficina municipal de Atención á Dependencia
- Desaparición do imposto de sucesións e doazóns
- Plan de reequilibrio territorial
10 Rogos
- Redacción do proxecto de recuperación servizos públicos Praza Maior ou clausura definitiva dos mesmos.
- Nova RPT.
- Auditorio Lugo - Explicacións da situación do proxecto.
- Control da terminación e recepción dos traballos feitos na apertura de gabias para reparacións, instalacións de novos servizos nas rúas da cidade.
- Novas instalacións para a protectora de animais.
- Que para o primeiro trimestre de 2008 convóquense os distintos consellos sectoriais que están agora parados.
- Arranxo accesos centro arqueolóxico de San Roque.
- Designar os nomes das rúas da cidade que están sen designar.
- Creación comisión local de seguridade viaria.
- Rogo asfaltado idéntico ao que se emprega no centro urbano para os accesos na zona rural.
Preguntas.-
- En canto ás preguntas que levaron a pleno, nas mesmas abórdanse distintas problemáticas de materia ambiental, de participación, obras e medio rural. Destacar a constancia á hora de pedir explicacións pola actual situación do auditorio, un asunto do que xa se abordou en tres ocasións a instancias do Grupo Popular.
Comparecencias de prensa.-
- Fixéronse máis de 150 comparecencias ante medios de comunicación e notas de prensa.
3.- OPOSICIÓN RESPONSABLE
O Grupo Municipal Popular mantivo a promesa que máis repetiu ao longo da campaña: apoiou que en Lugo goberne a lista máis votada, a do señor Orozco. Iso implica permitir que se dote de certas ferramentas inicialmente e, se cumpre cos seus deberes de goberno, garantir a gobernabilidade sen que iso supoña, en ningún momento, a existencia dun pacto.
En varios temas fundamentais para Lugo apoiouse ao goberno socialista:
- Constitución do goberno en minoría
- Presuposto Municipal
- O Grupo Municipal adoptou unha postura de responsabilidade en temas como PXOM, empresa mixta da auga...
En moitos destes temas (principalmente Orzamentos do 2008 e Plan Xeral) fóronse introducindo as melloras que o Grupo Municipal Popular considerou imprescindibles, pero sen chantajear ao goberno en ningún caso, nin asumindo eses proxectos como propios. O PP nunca redactaría o Orzamento que se aprobou, nin tampouco crearía un Plan Xeral como o que agora se debate, pero polo ben de Lugo apóianse certas iniciativas xa que, para a cidade, sería moito peor non ter Orzamento ou non ter Plan Xeral.
|
|