| |
|
|
| ·Visita do Grupo Municipal Popular ao Centro de ASPNAIS |
23/11/2007
|
* Esta foi a primeira reunión do calendario visitas ás asociacións que responderon á invitación que o Grupo Popular cursou a principio deste curso político.
* Sofía López ofreceuse aos responsables de ASPNAIS para impulsar desde o grupo municipal "iniciativas para pór en marcha programas e medidas que beneficien a este colectivo e resolvan, na medida do posible, as súas problemáticas".
|
|
|
|
| · Proposta de dotacións culturais e turísticas para Lugo |
21/11/2007
|
* A construción do auditorio en Magoi será responsabilidade do Goberno Municipal socialista e da Xunta bipartita, pero o PP non será quen se opoña porque Lugo necesita XA un Auditorio.
* Os populares non renuncian a ter unha dotación cultural nun sitio céntrico e nobre da cidade e propón acondicionar unha sala de concertos no edificio vello do cárcere.
* O PP aposta por un Parador Nacional de Turismo no cuartel de San Fernando como novo motor económico e turístico da cidade e sitúa no barrio do Carmen o centro da romanización.
* Os populares lamentan a discusión interminable dos socialistas e nacionalistas sobre o emprazamento do Auditorio e recordan que xa pasaron dous mandatos completos de Orozco sen clarificar onde se construirá.
|
|
|
|
| · O PP porá en marcha un foro mensual para analizar os problemas da mocidade e buscarlles solucións reais |
10/11/2007
|
* Joaquín García Díez fixo un repaso a temas de actualidade lucense e pediu aos mozos que acheguen as súas opinións, críticas e puntos de vista ao Grupo Municipal.
* O Presidente Provincial anima aos mozos a que se impliquen na política para defender en primeira persoa as súas reivindicacións.
* José Manuel Barreiro cualifica de desafortunadas as declaracións de Varela nas que despreza aos mozos lucenses.
|
|
|
|
| · O Grupo Municipal Popular levará a pleno a creación dunha Comisión Local de Seguridade Viaria |
09/11/2007
|
* García Díez: "Necesítase un plan de acción con solucións rápidas e eficaces para acabar cos puntos negros de tráfico do centro urbano".
* Enrique Rozas lamenta que se "cren novos problemas de circulación sen dar unha solución aos que xa existen".
* Os populares presentaron esta iniciativa nun cruzamento que se está sinalizando en contra das numerosas queixas dos veciños da zona do Sacro Corazón.
|
|
|
|
| · A Muralla de Lugo sofre unha impresionante roza co beneplácito de Patrimonio |
08/11/2007
|
* As obras nun edificio próximo orixinaron unha roza duns vinte metros de longo que contaba con autorización da Consellería de Cultura a través da Dirección Xeral de Patrimonio.
* É rechamante que este organismo non considere esta actuación como agresión e si a construción dun auditorio nun edificio que non está sequera en primeira liña nin presenta unha fronte ao monumento.
|
|
|
|
| · O Grupo Municipal Popular propón medidas específicas para evitar os puntos negros de tráfico da cidade |
04/11/2007
|
* Nun informe sobre a situación dos pasos de peóns detectouse que é xeneralizada a mala sinalización e localización de moitos deles.
* Enrique Rozas lamentou que o PSOE rexeitase as propostas que, ata o momento, presentáronse en materia de tráfico.
* A última iniciativa era para que se constituíse unha comisión que dese solucións reais e rápidas aos problemas cotiáns do tráfico. Aínda non houbo resposta do equipo de goberno.
|
|
|
|
| · Homenxe aos falecidos de Lugo |
02/11/2007
|
* O portavoz do Grupo Municipal Popular, xunto a varios concelleiros do seu grupo, acudiu á homenaxe que cada ano, polo día de defuntos, o Concello de Lugo fai aos defuntos.
|
|
|
|
| |