-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular reclama a convocatoria inmediata dos Consellos Consultivos que existen no Concello

27/12/2007

* Cristina Ares: ?Non se reúnen coa periodicidade á que obriga o seu regulamento?.

O Grupo Municipal do PP solicita a posta en marcha dos distintos consellos consultivos que existen no Concello e que non se reúnen coa periodicidade debida. A concelleira popular reclama a súa convocatoria inmediata xa que considera que ?estes órganos poden contribuír ao desenvolvemento óptimo da democracia participativa na actividade municipal lucense?.

Para a edila popular, Cristina Ares, é necesario que o equipo de goberno modifique a súa actitude. ?O PSOE demostrou durante oito anos a súa reticencia a convocar os consellos consultivos?.

Esta non é a primeira vez que o Grupo Municipal do Partido Popular interésase por este asunto, xa que no pleno do 3 de decembro instou a través dun rogo a que o equipo de goberno crease, no primeiro trimestre de 2008, as comisións sectoriais nas áreas temáticas nas que non exista Consello consultivo. Para os populares é prioritario escoitar as achegas de distintos actores sociais e institucionais en temas tan importantes como o deporte, as prestacións para os maiores...

De face a coñecer a situación exacta na que se atopan estes órganos consultivos, a concelleira Cristina Ares presentou varias preguntas para a súa contestación por escrito.

Foto

1) Desde o primeiro de xuño de 2001, en que datas celebráronse sesións, tanto ordinarias como extraordinarias, do Consello Local de Consumo?

2) Desde o primeiro de xuño de 2001, en que datas celebráronse sesións ordinarias do Consello Municipal de Cultura?

3) Cal é a periodicidade establecida polo Consello Municipal de Deportes para a convocatoria das súas sesións ordinarias?

4) Desde o primeiro de xuño de 2001, en que datas celebráronse sesións ordinarias do Consello Municipal de Deportes?

Datos de consulta:

O Regulamento de Funcionamento do Consello Local de Consumo establece, no seu artigo 5, que este se reunirá con carácter ordinario unha vez ao ano e con carácter extraordinario cando o convoque o presidente.

Pola súa banda, o Artigo 15 do Regulamento de Funcionamento do Consello Municipal de Cultura, indica que a periodicidade das sesións ordinarias deste órgano consultivo local será trimestral.

Finalmente, o Regulamento de Funcionamento do Consello Municipal de Deportes do Concello de Lugo dispón, no seu artigo 12.2, que a periodicidade das súas sesións ordinarias será fixada polo propio Consello.

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo