-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular solicita que se asfalten os núcleos rurais con materiais de igual calidade e resistencia aos usados no centro urbano

22/12/2007

* Manuel López tamén reclama un catálogo de camiños municipais.
* Mentres tanto e de face a este exercicio, pide que se consulte ás asociacións veciñais para priorizar os traballos de reparación das pistas.

O Grupo Municipal do Partido Popular presentou un rogo para o próximo Pleno, no que se solicita que o Concello utilice no asfaltado de accesos e núcleos rurais un material con idéntica calidade e resistencia aos que se empregan na cidade.

Ao fío desta proposta Manuel López tamén reclamou que se elabore un catalogo de camiños municipais no que se analice e determine o estado dos case 500 quilómetros de pistas asfaltadas que na actualidade ten o municipio. Con este estudo o Concello podería priorizar os traballos de reparación das vías mellorando, aos poucos, a rede do municipio.

Mentres non se prepare este catálogo, o Grupo Popular solicita que se consulte ás asociacións veciñais do rural cales son os viarios prioritarios para acometer neste exercicio.

O concelleiro Manuel López Fernández explicou que para o firme dos 297 núcleos do Concello de Lugo empregouse un procedemento chamado DTS (dobre tratamento superficial) que consiste en botar 2 ou 3 capas de arroio asfáltico con árido. Con todo, a idea que pon sobre a mesa o Grupo Municipal do Partido Popular é a de "camiñar cara á modernización destes lugares", mediante a actualización dos materiais utilizados.

O Grupo Popular Municipal, consciente de que este cambio non se pode facer de hoxe para mañá, propón que nas reparacións de núcleos rurais e accesos que leven a cabo a partir de agora utilícese a mestura bituminosa de aglomerado en quente que se emprega na cidade. Manuel López asegura que esta petición é unha demanda dos veciños destes núcleos.

Foto

"Se se quere mellorar a calidade de vida no rural hai que empezar por cousas básicas. Porque os veciños das parroquias non son de segunda. A forma de demostralo é con feitos, e por iso é polo que o Grupo Popular reclame que a calidade dos servizos no rural sexa a mesma que se goza na cidade".

O edil popular destacou que nos orzamentos municipais que se acaban de aprobar, unha das condicións que se puxo para que o PP votase favorablemente foi a de conseguir o compromiso de sanear como mínimo, e no ano 2008, 7 parroquias. Coñecendo esta circunstancia, "o Concello pode aproveitar para cambiar o asfalto e usar este novo sistema nos núcleos que levantará para pór o novo saneamento".

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo