| |
|
|
| |
Barreiro agradece a fidelidade e o esforzo desinteresado da militancia do Partido Popular |
21/12/2007 |
|
* O Presidente Provincial subliñou o compoñente familiar da cea de Nadal do Partido, onde participaron máis de 200 colaboradores do municipio. "Compartimos unhas mesmas ideas e iso crea un vínculo de unión".
* Tanto José Manuel Barreiro como Joaquín García Díez invitaron á militancia a traballar con ilusión no primeiro trimestre do 2008 porque "xogámonos algo moi serio".
|
Máis de 200 colaboradores e afiliados do Partido Popular da cidade de Lugo sumáronse á cea de Nadal. Neste acto de confraternización participaron, ademais do Presidente Provincial, José Manuel Barreiro, o portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez, deputados autonómicos e concelleiros do grupo municipal da capital.
O Presidente Provincial subliñou o compoñente familiar desta cea: "Compartimos unhas mesmas ideas e iso crea un vínculo de unión". José Manuel Barreiro dixo que "o Partido Popular é o que máis se parece á sociedade lucense" e pediu aos colaboradores o seu apoio para o próximo 2008, en que "volveremos necesitarvos a todos vós e aos vosos".
Para o Presidente Provincial é preciso que tras o nove de marzo haxa un cambio "para mellorar as condicións de vida dunha sociedade que xa se empeza a preocupar pola situación da economía". Barreiro explicaba cun símil a percepción da cidadanía con respecto a situación económica: "cando nos aperta o peto é o mesmo que cando nos aperta o zapato. Temos que mellorar a saúde política do partido e temos o medicamento para que non nos dane o zapato: sacalo fose. Hai que sacar fóra a Zapatero", sentenciou.
|
Para finalizar José Manuel Barreiro agradeceu a fidelidade e o esforzo desinteresado da militancia do PP de Lugo. |
|
Pola súa banda, o portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez, brindou por un Nadal tranquilo para todos. "Traballamos moito para merecelo", puntualizou. O portavoz do Grupo Municipal Popular puxo o punto de mira no primeiro trimestre de 2008 onde "xogámonos algo moi serio" e mostrou o seu desexo de que, "co esforzo de todos, constrúase o modelo de país que o PP sempre defendeu". |
|
|
|
|
|
|
|
|