-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
Reacción do Grupo Municipal Popular á aprobación, esta mañá, da UNED en Lugo

20/12/2007

* García Díez: "Cando hai vontade política real conséguense as cousas"
* O Grupo Popular apoiou e apoiará en todo o posible a implantación deste Centro Asociado en Lugo

O Grupo Municipal do Partido Popular quere expresar a súa satisfacción pola aprobación no consello do Consorcio Universitario do "centro asociado a UNED en Lugo"".

O portavoz do Grupo Municipal, Joaquín García Díez, fixo esta valoración logo de coñecer a "boa noticia" e puntualizou que "cando un se move, presta un interese real e aposta por un tema, a súa consecución é máis que posible".

García Díez explicou que o seu grupo colaborou e colaborará en todo o posible para que a cidade teña canto antes este servizo e recordou como no programa electoral dos populares xa figuraba como un compromiso prioritario conseguir, no primeiro ano de mandato, a UNED para Lugo

Foto

Ademais, dentro das condicións coas que se negociou o apoio puntual aos orzamentos o Grupo Popular, incluír o incremento da partida prevista para facilitar a consecución deste centro Asociado da UNED.

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo