-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular anuncia que presentará alegacións á Ordenanza de Contaminación Acústica

20/12/2007

* Teresa Taboada considera que o documento que se lles presentou hoxe é ambiguo e de difícil aplicación.

Nunha primeira análise da nova ordenanza reguladora de contaminación acústica a concelleira popular Teresa Taboada indicou que o documento que se lles presentou esta mañá é moi ambiguo, e que presenta numerosas complicacións á hora da súa aplicación.

O Grupo Municipal do Partido Popular é partidario de que "as normas que se presenten estúdense ben" e avanzouse que se presentarán alegacións logo de estudar máis a fondo o documento.

Desde o Grupo Municipal critícase que se fixo "unha copia dunha lei marco, pouco aplicable ás características propias da cidade". A xuízo de Teresa Taboada as normas hai que adaptalas a Lugo, sobre todo tendo en conta o seu casco histórico.

Foto

Teresa Taboada tamén detallou cousas como que "na clasificación de actividades habería que valorar máis o horario de peche. Non é o mesmo un restaurante que peche ás 12:00 horas que un local que pecha ás tres da mañá, sobre todo en zonas residenciais", puntualizou.

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo