O edil popular considera que este dispositivo intelixente deberase instalar en puntos conflitivos polo seu intenso tráfico e pola gran afluencia de peóns. Con este sistema conciencíase aos cidadáns para que utilicen os pasos de peóns evitando cruzar a calzada por outros puntos máis perigoso, así como mellorar o comportamento dos condutores.
Comisión local de seguridade.-
Rozas avogou unha vez máis pola constitución da comisión local de seguridade, un organismo ao que o Equipo de Goberno deu o seu visto e prace no último pleno por mor dun rogo que presentou o Grupo Municipal. "Mentres non se constitúa este organismo, o Grupo Municipal Popular seguirá traballando e achegando propostas que melloren a circulación e seguridade de Lugo".. |