-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
Lugo nomea Fillo Adoptivo a Frei José Gómez, bispo emérito da diócese

17/12/2007

* Cúmprese así o acuredo adoptado por unanimidade no Pleno do pasado 14 de decembro.
* Tras 27 anos de servizo a Lugo, Frei José deixa o obispado e será substituído por Afonso Carrasco Rouco.
* Para o sábado ás 20:00 convocouse unha concentración popular na Praza de Santa María, diante do Obispado, como homenaxe a Frei José.

Con valentía, o xa Bispo Emérito de Lugo, non deixou de facer mención á enfermidade que está sufrindo no seu discurso de agradecemento por este título, que recoñeceu que "non é un máis", senón que para el ten un significado moi especial. Frei José permanecerá en Lugo como administrador apostólico.

O secretario do Concello fixo lectura do acta que acredita o nomeamento como Fillo Adoptivo de Lugo ao Bispo Emérito, e a continuación o Alcalde entregoulle unha placa e un pergamiño en que se recolle o acordo adoptado por unanimidade de PP, PSOE e BNG o pasado día 14 de decembro.

Foto
O secretario do Concello
le o acordo plenario

Gran número de personalidades da cidade acudiron ao acto, que tivo lugar ás 19:00 horas no Obispado, e rendéronlle homenaxe a un home que durante case tres décadas ocupou o máis alto cargo eclesiástico da diocese lucense.

Os asistentes, visiblemente emocionados pola profunda e forte voz de Frei José no seu agradecemento aos asistentes, e en especial aos membros do Consistorio Lucense polo recoñecemento que se lle facía, dedicaron un longo e forte aplauso ao Bispo Emérito.

Foto
Foto
Foto

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo