| |
|
|
| |
Barreiro recordoulle hoxe a Blanco todas as súas promesas incumpridas coa Provincia de Lugo |
15/12/2007 |
|
* O Presidente Provincial do PP criticou que o número dous do Partido Socialista aínda non converta en realidade ningunha das promesas electorais que fixo fai catro anos aos lucenses
* Reiterou que os seus incumprimentos son facilmente contrastables e alertou sobre a posibilidade de que na próxima campaña volvan prometer o mesmo, como afai facer, sempre que ten ocasión, o seu Secretario de Organización José Blanco
|
El Presidente provincial de los populares, José Manuel Barreiro, arremetió hoy contra el Secretario de Organización del PSOE, José Blanco, al que acusó de “no cumplir con Lugo” pese a que, al menor descuido, insista en repetir que su partido cumple con la palabra dada.
O Presidente provincial dos populares, José Manuel Barreiro, arremeteu hoxe contra o Secretario de Organización do PSOE, José Blanco, ao que acusou de "non cumprir con Lugo" a pesar de que, á mínima, insista en repetir que o seu partido cumpre coa palabra dada.
Barreiro aproveitou a súa intervención no encontro preparatorio das próximas eleccións nacionais, que organizou hoxe o Partido Popular en Lugo e á que asistiron preto dun centenar de cargos electos, para referirse á visita que o xoves realizou á capital José Blanco: "Algo avergoñado da súa xestión debe estar se durante a súa conferencia non fixo gala dos grandes proxectos que prometeu para Lugo en nome do seu partido e limitouse unicamente a suxerir que antes de que final este ano farase algunha obra nos tramos da autovía a Santiago, coma se os lucenses non fosen capaces de decatarse de que quedan dúas semanas para que comece 2008".
"Blanco", engadiu o líder dos populares lucenses, "preferiu centrar o seu discurso na política nacional e evitar así das explicacións sobre o que non fixo".
José Manuel Barreiro realizou durante a súa intervención un "somero percorrido" porque, segundo dixo, "podería ser moito máis longo", sobre os incumprimentos coa provincia de Lugo dos socialistas aos que cualificou de "oportunistas" dado que sempre que se achega unha cita electoral volven prometer as mesmas cosas que nos comicios anteriores "coma se os lucenses non tivesen memoria".
|
O Presidente dos populares lucenses principiou o seu reconto de incumprimentos polos 15.000 postos de traballo que ía xeral o "ata agora virtual" Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo, aproveitando a ocasión para aludir a tamén recente visita da Ministra de Agricultura e o sorpresivo anuncio do Alcalde de que se vai a redactar o anteproxecto do futuro edificio. "Parece que agora, logo de catro anos sen facer absolutamente nada, entroulles a présa por facer que fan", declarou Barreiro.
|
|
Outro dos "escandalosos enganos do Sr. Blanco" a que se referiu o líder dos populares lucenses foi "aquel proxecto estrela que rematou estrelado" de converter o aeroporto de Rozas nun centro de mantemento de avións. "O caso é que José Blanco sabe como fomentar a expectación: a finais do 2004 falaba dun espectacular investimento para Lugo. Caldeaba así o ambiente para que pouco tempo despois o Sr. Orozco, un bo aprendiz nisto das estratexias de mercadotecnia, concretara o proxecto. O malo é que en setembro de 2006 confirmouse que o gran proxecto para Lugo íase as terras de Teruel", explicou Barreiro.
A nova ponte sobre o río Miño é un "proxecto comodín" para o PSOE, segundo o Presidente do PP lucense. "Blanco dixo en maio de 2004 que se ía a adxudicar en 2005. En 2005 que estaría rematado en 2008. En 2006 que entraría en servizo no 2009, agora en 2007 digamos que quedou a cousa en "farase" polo que xa é coñecido como a ponte de Pinocho".
Sobre o auditorio Barreiro dixo que "é máis do mesmo. Prometeu financiamento para o proxecto xa fai algúns anos pero falta por concretar cando e onde será".
Sobre o AVE, indicou que todo sigue como o deixou o PP fai catro anos e recordou que, tras seis anos de obras, só están terminado 153 dos 700 quilómetros previstos. "A Conselleira de Política Territorial sacounos de dúbidas en abril do pasado ano cando dixo que o AVE Lugo-A Coruña non estará listo ata o 2020. O que significa que Lugo será a única capital de provincia que seguirá sen AVE".
"José Blanco tamén prometeu, alá por marzo do 2004, que incrementaría o orzamento previsto para o Plan Galicia, a realidade resúmese coa soada frase da Ministra de Fomento: "o Plan Galicia de merda" na que puña de manifesto a opinión dos socialistas sobre esta iniciativa", engadiu José Manuel Barreiro, quen tamén se referiu á "retahíla de promesas incumpridas" sobre partidas e prazos das autovías.
- Blanco dixo en setembro de 2003 que se licitarían tramos da A-8 en seis meses. A realidade é que, excepto os dous tramos licitados polo PP, só se adxudicou o de Lindín-Careira fai tres meses. En resumo: o 80 por cento das obras nin sequera comezaron, así o atraso que acumulará esta autovía será, aínda sendo optimistas, de cinco anos.
- A-54 (Lugo-Santiago) tiña que estar terminada no 2010, pero non está licitado ningún tramo, así que, como moi pronto, ata o 2014 non estará operativa.
- A-56 (Lugo-Ourense), tamén prevista para o 2010, pero aínda non se fixo nada así que debemos falar xa do limiar do 2013.
- A-72 (Chantada-Monforte): leva xa un atraso de tres anos.
- Atrasos tamén na autovía Ferrol-Vilalba ou da vía de alta capacidade Barreiros-San Ciprián, relatou Barreiro.
- Capítulo especial merece a autovía Monforte-Ponferrada. "Blanco atreveuse ata a dicir antes das municipais que a súa palabra valía máis que a da ministra e a falar de prazos: que en 2010 estaría lista esta autovía. Pero por agora aínda non está aínda claro nin o trazado".
"E menos mal", concluíu Barreiro, "que José Blanco dixo en setembro de 2005 que as autovías de Lugo terían prioridade nos orzamentos".
José Manuel Barreiro recalcou ante os representantes electos do seu partido "que hai argumentos suficientes e que o máis importante e facilmente contrastable, é que o PSOE, e moi especialmente o Sr. Blanco, esqueceu durante estes case catro anos de lexislatura os compromisos que fixo durante a campaña electoral".
Para rematar, invitou a todos os presentes a que estean vixiantes sobre as promesas que farán os socialistas na próxima campaña "porque, como xa nos teñen afeitos, volverán repetir o mesmo que fai catro anos e temos moi claro o que vale a súa palabra, e moi especialmente a de José Blanco: absolutamente nada". |
|