| |
O Grupo Municipal Popular consegue o apoio de BNG e PSOE para levar a cabo a proposta do Colexio de Aparelladores que dá solución ao embotellamento de Carlos Azcárraga |
14/12/2007 |
|
* Os populares, desde o primeiro momento, botaron en falta a previsión por parte do equipo de Goberno dun acceso ao centro da cidade que facilite a comunicación co hospital.
|
O Grupo Municipal considera que merece a pena que o PXOM contemple unha reserva de chan para deixar prevista a execución dun acceso alternativo ao de Carlos Azcárraga (ponte da estación de ferrocarril). O portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez dixo que o seu grupo aposta pola alegación que presentou o Colexio de Aparelladores na que se contempla un viaduto que comunicaría róldaa norte co centro da cidade (rotonda cale Monforte).
Pola súa banda, Jaime Castiñeira, subliñou como o seu grupo denunciou desde o primeiro momento "a falta de ambición do plan" e que botaban de menos un acceso claro desde o centro de Lugo cara á zona Este. "Coa proposta do Colexio de aparelladores soluciónase este problema", puntualizou.
|
A xuízo dos populares este novo viaduto facilitará o acceso ao futuro hospital e o polígono das Gándaras evitando situacións de embotellamento e atasco no semáforo da ponte da estación. |
|
Nun primeiro momento as redactoras do PXOM rexeitaron esta solución alegando que o viaduto tería unha pendente excesiva. Este argumento foi rebatido polo Colexio de Aparelladores, que presentou un levantamento topográfico real encargado por ese organismo, en que se pode observar que terá un 1,2% e que o punto de máxima pendente non chegaría a un 5%, moi inferior á propia rúa Monforte, por exemplo. |