-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular lamenta que o Goberno Local atrase as explicacións do Plan de Urxencias aos corpos de seguridade municipais

12/12/2007

* É incomprensible que, a estas alturas, os dous corpos principais de intervención rápida do Concello de Lugo carezan dunha información exhaustiva sobre este documento.
* Rozas denuncia impedimentos aos axentes para desenvolver o seu traballo: carecen de Internet para consultas específicas de operativos, e non se lles comunican reformas puntuais en materia de seguridade viaria.

O Grupo Municipal do Partido Popular solicita que se informe, de forma inmediata, ao corpo da policía local e ao dos bombeiros das medidas que contempla o Plan de Urxencias Municipal. Enrique Rozas sinala que, a día de hoxe, axentes e bombeiros descoñecen o contido deste documento que o goberno local aprobou fai medio ano en pleno.

O edil popular explicou que o pasado mes de outubro o goberno local asinou un convenio coa universidade para difundir as actuacións previstas no Plan de Urxencia. Esta actuación contempla dar explicacións puntuais aos corpos de seguridade entre outras entidades, colectivos...

Rozas pide explicacións ao equipo de goberno de porqué atrásase a información do contido do Plan de Urxencias aos corpos de seguridade e demais servizos municipais implicados na xestión de crise "este paso debería ser inmediato para facilitar a coordinación en casos de urxencia e ter aos efectivos preparados cun plan de traballo específico para abordar cada situación".

Policía local.-

O concelleiro popular non deixa de sorprenderse das ridículas situacións que se producen na policía local. A última é que os axentes da policía de servizo non poden acceder a un programa, posto en marcha pola Xunta de Galcia (siapol), que lles informa e aclara as dúbidas sobre como resolver, de xeito inmediato, os distintos procedementos policiais . A razón é que as terminais das que dispón carecen de Internet. "Lugo é a única gran cidade de Galicia na que non poden utilizar este servizo", puntualizou Rozas.

Foto

Outra clara proba da ineficacia do traballo do Director Xeral e goberno local con respecto ao cadro de persoal deste servizo é o feito de que segue sen existir unha comunicación directa "chama a atención que nin tan sequera se lles comunicou oficialmente a reforma do código penal que en materia de seguridade viaria entrou en funcionamento o 2 de decembro".

Dispositivo escaso.-
Unha vez máis , no seguimento da reestruturación da policía local, Enrique Rozas explicou que de novo a cidade de Lugo quedou baixo mínimos. O edil popular indicou que durante este último fin de semana, en concreto na noite do venres ao sábado estiveron operativos 5 axentes de policía. Na do sábado ao domingo 4 policías, e na do domingo ao luns 3.

Para o concelleiro popular, este dispositivo non responde a un plan de traballo propio dunha cidade coas características de Lugo xa que o número de axentes operativos son insuficientes e, nalgún caso volveuse a repetir a situación de ter un único vehículo patrullando. "O equipo de goberno demostra, día si e día tamén, a súa incapacidade de desenvolver a súa proposta de reorganización da policía".

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo