| |
O Grupo Municipal Popular reclama que se cumpra o acordado no Pleno de Decembro respecto dos Orzamento |
11/12/2007 |
|
* Os populares abstivéronse, esta mañá, na votación da Comisión Especial de contas e solicitaron ao PSOE que se cumpra o acordo plenario da proposición de participación cidadá votada favorablemente por PP e BNG.
|
O Grupo Municipal do Partido Popular, decidiu absterse na votación desta mañá da comisión especial de contas na que se presentou o documento de orzamentos municipais, que se votará no pleno do venres.
José Manuel Barreiro explicou que o posicionamento do seu Grupo responde "a unha actitude de prudencia á espera de que se corrixa o que parece ser un erro no tocante ás partidas destinadas á Asociacións veciñais".
|
"O Grupo Popular reclama que se cumpra o acordado na proposición de participación que se aprobou no último Pleno". |
|
O responsable de asuntos económicos do Grupo Municipal Popular indicou que a exposición de motivos da memoria da proposición non coincide co acordo resolutivo final no que se contemplaba "o incremento ata o 0,7% do capítulo 6, da partida destinada ao apoio e impulso do movemento asociativo".
O Grupo Popular agarda que se corrixa este punto: "Se hai un acordo plenario hai que cumprilo". |