-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular pide avances na sinalización de rúas da Piringalla e unha maior vixilancia para controlar as carreiras de coches que denuncian os veciños

07/12/2007

* Rozas reclama un nó semafórico no cruzamento das rúas Manuel María con Santo Graal e Mar Cantábrico

O Grupo Municipal detectou novos de deficiente sinalización viaria casos na zona da Piringalla, tanto horizontal como vertical. Enrique Rozas traslada a súa atención a este punto da cidade de recente creación, no que por causa da apertura de viarias e creación de novos cruces requírese unha especial atención.

Como primeiro punto conflitivo e perigoso citou o cruzamento das rúas Manuel María con Santo Graal e Mar Cantábrico onde é necesario un nó semafórico que regule a intensidade de tráfico existente na zona. Os vehículos que saen de Manuel María en dirección a Santo Graal, cara á esquerda, teñen unha visión limitada como consecuencia dunha edificación de recente construción.

Tamén son necesarias melloras en sinalización vertical e horizontal en varias rúas da mesma zona. Os pasos de peóns son inexistentes e necesitan un repaso de pintura. Cruzar por rúas como Avenida Flor de Malva; Madreselva; Túnel de Oural; Río Ladra ; Alvedro, Laverca (só esquina cale das fontes), e Luís Ameijide poden supor un risco para os cidadáns. No caso da rúa Margarita; Magnolia e Ruiseñor solicítase que pasen a ser dun único sentido, xa que na actualidade pódese circular e estacionar en ambos os lados.

Carreiras de coches.-

Enrique Rozas pediu tamén unha maior vixilancia policial nesta zona para identificar aos autores de carreiras de vehículos que, segundo os veciños, rexístranse os días da movida e durante o fin de semana entre as dez e media e as doce da noite.

Foto

Comisión local de seguridade viaria.-

Para rematar Enrique Rozas mostra a súa satisfacción por boa acollida do equipo de goberno á suxestión do Grupo Municipal Popular de crear unha comisión local de seguridade viaria. Rozas agarda que se constitúa dun xeito inmediato para corrixir os puntos negros da cidade mentres non se redacte o Plan de Tráfico. O concelleiro cre que a cooperación para evitar accidentes é necesaria e apunta que en casos como o que se corrixiu na zona de carga e descarga da rúa Villalba, denunciada polo PP en agosto, tómense como exemplo para levar a acabo medidas que liquiden outros casos similares.

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo