| |
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular levará ao Congreso o acceso da nova ponte e a construción do Auditorio en San Fernando |
04/12/2007 |
|
* García Díez considera grave que o Alcalde revogase, no pleno, o acordo adoptado por unanimidade na comisión de achaiadura para suprimir o ramal de conexión que atravesaba o parque de Marcos Cela.
* Na súa calidade de deputado nacional instará ao Ministerio de Fomento a que cumpra os acordos adoptados pola Corporación.
|
O Grupo Municipal Popular considera grave a actitude do Alcalde, que "pasou por alto" no Pleno celebrado o Luns, o acordo adoptado en comisión de achaiadura para suprimir o ramal de conexión da nova ponte que cruzaba o parque de Marcos Cela: "O Alcalde revogou pola vía de facto un acordo adoptado por unanimidade" recalcou o portavoz popular.
Joaquín García Díez matizou que "non me parece serio que nós esteamos prestando apoios a cousas que ao final se converten en papel mollado, e a iso non imos xogar. Faremos o posible para que se rectifique". Nese sentido Joaquín García Díez anunciou que presentará unha iniciativa no Congreso dos Deputados encamiñada a instar ao Ministerio de Fomento a que cumpra os acordos adoptados pola corporación municipal de Lugo. "A proposta que se votou no Pleno, de suprimir do PXOM este ramal de acceso da futura ponte, nin atrasa nin impide o concurso do proxecto". O portavoz popular cre que a postura negativa do alcalde e o seu cambio de criterio responde ao nerviosismo ao chegar as eleccións sen novidades respecto á nova ponte para as eleccións. |
García Díez pedirá ao PSOE e ao BNG o seu apoio en Madrid para defender o proxecto do Auditorio en San Fernando
No Pleno celebrado este luns o alcalde recoñeceu abertamente, en resposta a unha pregunta do Grupo Popular, que as declaracións de tres dos seus compañeiros de equipo foron "globos sonda para despistar". |
|
Para o Grupo Municipal Popular é inadmisible, e é máis grave aínda que, logo de case 8 anos falando desta infraestrutura, os cidadáns non teñan nada claro sobre onde se vai a facer e para cando a van a poder gozar.
García Díez explicou que o mércores día doce de decembro tratarase na comisión de cultura do Congreso dos deputados unha proposición non de lei do Grupo Parlamentario Popular na que se insta ao Goberno de España a facer as xestións oportunas para clarificar a situación desta infraestrutura, e tamén se reclama que o Ministerio de Cultura defenda o proxecto do auditorio de San Fernando ante a UNESCO "con todas as súas forzas".
O portavoz do Grupo Popular, Joaquín García Díez, entregaba a semana pasada esta iniciativa ao titular do Ministerio. "Aproveitando o paso do Ministro de Cultura polo despacho do Alcalde o pasado venres pedinlle o seu apoio a esta proposición. Así que, ademais dos globos sonda do Alcalde, a semana que vén poderemos ter un diario de sesións que reflicta os posicionamentos claros de PSOE e BNG sobre o auditorio." |
|
|
|