-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O acceso á vivenda centrou o primeiro Foro de Opinión promovido polo Partido Popular

01/12/2007

* Diego Calvo Pouso, Deputado autonómico do PP e portavoz de Vivenda no Parlamento de Galicia, Vicesecretario Xeral do PPdeG e exPresidente de Novas Xeracións en Galicia, actuou como relatora neste encontro inaugural que terá unha periodicidade mensual
* O Presidente Provincial do Partido, José Manuel Barreiro, espera que este foro de debate permita consensuar medidas específicas para achegar solucións ás demandas dos mozos

Novas Xeracións do Partido Popular organizaron o primeiro encontro do foro de opinión que se expón baixo o título "A vivenda: misión imposible" Os camiños cara á túa independencia".

Diego Calvo Pouso foi o relator deste encontro que se desenvolveu a partir das once da mañá na sala de xuntas da Facultade de Administración de Empresas do Campus de Lugo.

Foto

Calvo é Deputado autonómico do PP, portavoz de Vivenda no Parlamento de Galicia, Vicesecretario Xeral do PPdeG e exPresidente de Novas Xeracións en Galicia. É licenciado en Economía pola Universidade de Santiago na especialidade de Economía Pública e Política Económica e ten un master en Desenvolvemento Local e Comarcal.
No que respecta á súa traxectoria profesional cabe destacar que desde 1994 está nunha empresa familiar, dedicada á subministración de materiais de construción, desempeñando labores de xerencia, vendas, compras..., e que desde 2000 é Técnico de desenvolvemento de programas Europeos e traballou na candidatura do programa LEADER da comarca de Ferrol.
Foto

Este Foro de Opinión que promove o PP é unha iniciativa que xurdiu a raíz da reunión mantida polo Presidente Provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, xunto con outros cargos do partido a nivel provincial e municipal como o Portavoz Municipal, Joaquín García, o pasado día 10 con mozos de Novas Xeracións.

Considerouse oportuno pór en marcha un foro mensual de debate, aberto a todos os mozos interesados en participar, independentemente da súa ideoloxía, para que os máis novos poidan achegar a súa visión persoal da vida e, sobre todo, as súas inquietudes.

Neste sentido José Manuel Barreiro mostrouse aberto a tomar en consideración as reflexións e propostas que resulten destes encontros para, desde o Partido Popular, incorporar iniciativas tendentes a achegar solucións a estes problemas na súa actividade política. O fin último non é outro que potenciar a implicación e participación política dos máis novos, xa que deste xeito poderán achegar solucións aos problemas aos que se enfrontan.

Algúns dos problemas que xa se puxeron de manifesto naquel encontro foron o acceso á vivenda como un dos principais obstáculos cos que se atopa a xente nova, razón pola que se elixiu este tema para a apertura deste foro que terá periodicidade mensual.

Outros dos asuntos que se abordarán nos próximos meses serán a procura de alternativas de lecer ou o acceso a un posto de traballo digno, por pór só dous exemplos.

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo