-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
Alicia Pena participou na constitución do Foro Ibérico de Cidades Amuralladas en que está integrado Lugo

30/11/2007

 

* A concelleira popular explicou que entre os acordos adoptados destaca a proposta para celebrar o ?día ibérico das murallas? en todas as cidades que forman do foro.

A concelleira popular, Alicia Pena Murias, asistiu onte, en representación do Concello de Lugo e substituíndo ao Alcalde, á reunión de constitución do Foro Ibérico de Cidades Amuralladas que se celebrou na localidade de Plasencia. Entre os 46 socios fundadores deste foro hai cidades españolas e portuguesas.

No transcurso da reunión presentáronse distintas iniciativas para dar a coñecer as cidades adscritas ao foro á vez que se intercambiaron experiencias de programas de promoción que levan a cabo noutras cidades con muralla.

Nesta primeira cita tomáronse varios acordos, sendo os máis destacados:
- A celebración do Día Ibérico das murallas en todas as cidades que forman o Foro. Trátase dunha celebración de carácter anual a desenvolver na primavera. A idea é que as actividades leven a cabo un día lectivo e implicar aos centros educativos.

- Creación da páxina web de FICAM. Elaborar material promocional e institucional e realización dun Plan de Promoción e Comunicación da Asociación.

Foto
Foto

 

Outros acordos aos que se chegaron neste encontro foron:

- Pór en funcionamento un comité técnico para impulsar medidas concretas no ámbito económico, cultural, social...

- No marco do Foro, deixouse patente a necesidade de buscar e captar recursos nacionais e europeos para a promoción e desenvolvemento do Plan de Acción. A próxima Xunta Directiva terá lugar na primavera de 2008.

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo