-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular apoiará os orzamentos municipais para evitar que Lugo quede sen investimentos vitais como o plan URBAN

30/11/2007

 

* Grazas ao PP, o Concello poderá concursar para lograr para a cidade o Plan URBAN.
* A petición do Partido Popular conseguiu que se aumente o nivel de participación cidadá á hora de fixar prioridades nos investimentos en barrios e parroquias.

O Grupo Municipal do Partido Popular permitirá ao equipo de goberno que aprobe "os seus" orzamentos sempre que respecten as achegas que lles entregou o PP. Así o puxo de manifesto esta mañá en rolda de prensa o portavoz dos populares, Joaquín García Díez.

Deste xeito, e grazas a postura do PP, Lugo salva investimentos vitais como o Plan Urban, obras de saneamento...
Foto

Tamén, e grazas á petición dos Populares, conseguirase que se incremente o nivel de participación cidadá á hora de fixar prioridades nos investimentos nos barrios e parroquias. Entre as propostas presentadas destaca unha específica reclamando "que se escoite aos veciños antes de decidir que rúas arránxanse nun barrio, onde se necesita iluminación, saneamento, dotacións deportivas...".

"Isto non é un pacto. Non se vai a escenificar a firma de ningún documento" subliñou o portavoz popular tras a reunión mantida esta mañá. Joaquín García Díez puntualizou que "aquí o único que se fai é salvar investimentos para a cidade".

Como a maior parte das subvencións, o URBAN esixe dos Concellos solicitantes que acheguen parte do financiamento das obras a realizar, polo que se non hai consignada unha cantidade para este concepto, non é posible a concesión dun diñeiro que Lugo necesita.

O portavoz popular indicou que desde o Grupo Municipal Popular velarase polo cumprimento íntegro da súa proposta. "Damos a nosa confianza inicial, pero que o Alcalde recorde que só é o primeiro orzamento deste mandato. Se non nos corresponde ou nos vemos defraudados, en futuras ocasións non contarán coa nosa confianza", advertiu.

Os populares lamentaron as críticas dos nacionalistas, que ao seu xuízo só demostran o prisma "partidista" co que asumen as decisións segundo os estamentos onde se debatan: Para García Díez non deixa de chamar a atención que mentres en Madrid si dan o seu apoio a unha Ministra que necesitaba dous votos para poder seguir "viva" politicamente falando, aquí en Lugo utilizan a estratexia de acoso e derriba.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo