| |
|
|
| |
O PP pide 100 millóns de euros máis para Lugo nos orzamentos da Xunta do próximo ano |
29/11/2007 |
|
| |
* A maior parte das preto de 200 emendas dos populares céntranse nas áreas de medioambiente, infraestruturas e servizos sociais
|
| |
O Partido Popular presentou 183 emendas específicas para a provincia de Lugo nos orzamentos da Xunta para o 2008, que suman algo máis de 100 millóns de euros.
O Secretario Xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, indicou que a maior parte das emendas presentadas polos oito deputados autonómicos corresponden á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible nas que se piden un total de 19,6 millóns de euros. Dentro das 57 emendas entregadas destacan as dedicadas á dotación de depuradoras, avance de saneamento e traídas de auga.
Por número de emendas tamén hai que destacar as relativas a infraestruturas nas que os populares reclaman que a partida da Consellería de Política Territorial para 2008 increméntese en 52 millóns de euros.
Neste apartado os populares inciden especialmente en proxectos que quedaron practicamente listos para licitar pola Xunta do Partido Popular e que foron paralizados. Ese é o caso, por exemplo, da Vía de Alta Capacidade Sarria-Monforte, unha obra que tiña que comezar en 2006, e para a que se piden 12,6 millóns de euros; ou da Vía de Alta Capacidade Ferrol-San Cibrao, que xa tiña que estar en execución, para a que se solicitan tamén máis de 12 millóns de euros.
|
Outro paquete importante de emendas (suman 25) que defenderán os populares están enmarcadas nas competencias de Vicepresidencia e Igualdade nas que se piden nove millóns de euros máis para dotar á provincia de Lugo de residencias da terceira idade e centros de día principalmente. |
|
José Manuel Balseiro considera que a Xunta debe facer un maior esforzo investidor en aras a mellorar a calidade de vida nunha provincia desfavorecida en comunicacións, atención a terceira idade e dotación de servizos básicos. Os seus orzamentos, no que alcanza a Lugo, deixan patente, ao entender do secretario dos populares lucense, o desinterese e compromiso do actual bipartito por compensar o desequilibrio territorial de Galicia e que o seu Plan de Reequilibrio está sobre o papel pero non nos orzamentos.
O Secretario Xeral do PP afirmou hoxe que os orzamentos presentados pola Xunta non responden ás necesidades de Lugo e por iso non son cribles.
En Lugo cidade
No que respecta a Lugo capital, presentáronse 11 emendas que suman máis de seis millóns de euros. Destaca a referida ao saneamento rural con dous millóns de euros; un millón de euros para o Plan Paradai; un millón de euros para a creación de garderías en Acea de Olga e hospital; e medio millón para instalacións deportivas, para o Centro de Ensinos Integrados e rehabilitación de vivendas no casco históricos, respectivamente.
A estas hai que engadir tres de millóns de euros para vivendas sociais na comarca de Lugo, así como outras partidas incluídas en emendas xenéricas como o plan de accesibilidade para a cidade.
|
|