-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular advirte ao Goberno Local que a nova reestruturación da Policía non é efectiva

29/11/2007

 

* Rozas pon de manifesto que hai unha "cutre" distribución de medios que "repercute nos desprazamentos dos axentes que patrullan na rúa".
* O edil popular ve "un sen sentido que tendo 32 unidades motorizadas só estean patrullando, como máximo, dous coches".

Ao Grupo Municipal Popular parécelle incomprensible que tendo en Lugo 32 unidades motorizadas de policía (15 coches e 17 motos), por unha nefasta dirección a eficacia do servizo véxase minguada.

Non utilizar vehículos na vixilancia, e primar as patrullas a pé en servizos unipersonales, está repercutindo na efectividade do servizo.

Enrique Rozas explicou que Lugo se divide en catro distritos de gran extensión, e que os axentes que os cobren actualmente ven obrigados a usar un sistema totalmente inoperativo cando se reclama a presenza dun destes policías nun punto determinado. "Por exemplo un axente pode estar na porta de San Fernando e requirirse o seu servizo no alto de Garabolos. Canto tardará en chegar andando"?.

Para o Grupo Popular é un sinsentido que haxa axentes dispersos patrullando, nalgúns casos sos, polos distintos barrios da cidade sen vehículos para desprazarse. Rozas puntualiza que na reestruturación do servizo contémplase que patrullen, como máximo, dúas unidades en coche.
Foto

Desde o Grupo Municipal proponse que se estude dotar aos axentes de distritos de vehículos. "Deste xeito facilitaríanse os desprazamentos entre distintos puntos do distrito no que patrullan."

Esta medida para nada reduciría a presenza policial na rúa, senón que permitiría acudir coa máxima celeridade ás zonas onde os cidadáns reclamen o seu servizo.

Na actualidade patrullan como máximo dúas unidades en vehículo, unhas dotacións que son insuficientes para cubrir as necesidades da cidade. Con esta distribución pode ocorrer que a cidade quede sen patrullas en vehículo no caso de que teñan que cubrir un servizo específico.

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo