| |
La Xunta tendrá que explicar porqué permitió hacer una roza en la Muralla en la obra del Vicerrectorado |
28/11/2007 |
|
* "Non se entende como esta actuación ao pé do monumento romano non se considera unha agresión á Muralla e si ten esa consideración o proxecto do Auditorio".
* O Grupo Parlamentario Popular presentou unha interpelación e varias preguntas dirixidas á Consellería de Cultura. |
|
O Partido Popular quere que a Xunta explique porqué permitiuse facer unha roza na Muralla de Lugo, nunha obra lindeira á Porta de Santiago. A autorización desta intervención resulta sorprendente despois de que a Consellería de Cultura informase negativamente a reforma para habilitar como Auditorio o Cuartel de San Fernando, por entender que o proxecto non se adaptaba á contorna.
Os populares lamentan a dobre vara de medir coa que traballa a Xunta. Resulta "moi rechamante e irritante" que os lucenses asistamos á construción dunha estrutura para a musealización de restos do vicerreitorado, en que se elevan dúas plantas onde antes só existía unha planta baixa. A intervención, que se realiza fronte a catedral, conta co amparo ou tutela de Cultura. "Non se entende como esta actuación ao pé do monumento romano non se considera unha agresión á Muralla e si ten esa consideración o proxecto do Auditorio".
|
O deputado popular considera que a roza que se fixo na Muralla, é unha auténtica aberración. "Se a idea é musealizar restos e facer un salón de actos para o vicerreitorado había unha solución menos agresiva". Castiñeira explica que a Xunta é propietaria de varios inmobles situados no terreo lindeiro ao reitorado. Para o deputado popular o salón de actos do vicerreitorado púidose facer perfectamente neste espazo no canto de levantar a estrutura actual provocando un impacto importante á Muralla. |
|
Nese sentido, o Grupo Parlamentario Popular presentou unha interpelación e unha batería de preguntas nas que se solicita á Consellería de Cultura que se explique cales son os criterios que xustificaron a diferenza de trato dado ao proxecto do Auditorio, cando este inmoble está situado a uns 70 metros da Muralla e entre edificacións, fronte ao visto e prace da obra que se está realizando fronte á muralla na Porta de Santiago.
O Grupo Parlamentario do PP pide un pronunciamiento á Consellería de Cultura sobre se considera que as rozas feitas nos paramentos do monumento romano, declarado patrimonio mundial, non prexudican o seu futuro.
O Goberno da Xunta tamén terá que dar conta de cales foron as medidas que levou a cabo a Consellería de Cultura para intentar liquidar os posibles problemas que presentaba o proxecto do Auditorio no cuartel de San Fernando para así poder dotar a Lugo do Auditorio nesta localización.
|

|
Precisamente, e profundando no asunto formúlase unha batería de preguntas relacionadas con este tema para resposta en comisión e resposta oral: |
| |
|
-Tiña a Consellería de Cultura intereses electorais en frear as obras do Auditorio de Lugo?
-Tiña a Consellería de Cultura outro tipo de interese como pode ser o de utilizar esa edificación para outro uso como o Museo da Romanización?
|
|
|