-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
A concelleira Popular Alicia Pena asiste ao Foro de Cidades Amuralladas de Plasencia en representación do Concello de Lugo

28/11/2007

 

* A reunión servirá para elaborar o Plan de Acción 2008
* A edila do PP suple así, neste organismo, ao Alcalde de Lugo

A concelleira popular, Alicia Pena Murias, representará ao Concello de Lugo na primeira reunión da Xunta Directiva Común do Foro Ibérico de Cidades Amuralladas que se celebra mañá xoves no Concello de Plasencia.

De acordo coa repartición que se negociou no seu día para representar ao Concello de Lugo en distintas fundacións ou órganos, a edila popular figura como suplente de José Clemente López Orozco neste Foro.

Na orde do día desta reunión o punto máis destacado é a elaboración do Plan de acción 2008, así como a proposta da axenda do Día Internacional e Día Ibérico das Murallas. O resto dos asuntos son o informe económico e a incorporación de novos socios entre outros temas.

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo