-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

O Grupo Municipal Popular reclama a poda das árbores en Monte Faro

26/11/2007

 

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular, Teresa Taboada, reclama a poda inmediata das árbores da rúa Monte Faro. A edila explica que neste viario é difícil utilizar a beirarrúa que vai pegada ao parque de Frigsa porque as ramas das árbores molestan aos veciños, e algunhas delas ata caeron sobre os coches, e as raíces levantan as baldosas.

Outra queixa da veciñanza de Monte Faro ten que ver coa presenza dos estorniños, "a rúa está perdida de excrementos". Teresa Taboada reclama que o Concello actúe cunha maior frecuencia nesta zona.

A edila popular tamén reclamou que se estude a posibilidade de implantar neste viaria medidas de control de velocidade "xa que por esta zona pasea moita xente maior e nenos e ás veces prodúcense situacións de risco".

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo