-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular critica a falta de información que ten o Concello sobre os casos de dependentes

25/11/2007

* Sofía López Linares lamenta o pouco concreto dos datos e a falta de implicación das autoridades locais neste tema.


A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular, Sofía López Linares, lamenta a falta de información, o desinterese e o descoñecemento dos responsables municipais sobre os casos de dependentes que hai no Municipio de Lugo. A edila popular considera inconcretas e desafortunadas as respostas obtidas a unha batería de preguntas que presentou á responsable de Servizos Sociais e que contestou recentemente.


O Concello descoñece o número de posibles beneficiarios, chegando a afirmar que vicepresidencia non ten resolta ningunha das solicitudes de valoración. Por outra banda os datos que ofrece dos posibles beneficiarios non están actualizados, xa que se cuantifican tomando como basee o mes de xullo. A concelleira popular lamentou que á única reunión que mantivo o Concello con Vicepresidencia, no mes de xullo, asistiron unicamente técnicos, sen contar coa presenza da responsable desta área.

Ante esta situación, a Sofía López Linares parécelle incomprensible que tanto socialistas como nacionalistas, rexeitasen no pleno de outubro a proposición que presentou o Partido Popular para crear unha oficina municipal para a dependencia.

Foto

Achégase batería de preguntas:

1º) Cal é o número de persoas dependentes que residen no Concello de Lugo?
Contestación: Non temos coñecemento.

2º) Estase facilitando información sobre este tema?
Contestación: si

3º) Cantas persoas dependentes presentaron neste Concello solicitudes de valoración ata a data?
Contestación: Os últimos datos que contamos son ata o mes de Xullo (estamos en novembro) e ascende a 1.184 persoas.

4º) Cantas destas solicitudes foron resoltas por Vicepresidencia?
Contestación: Ningunha.

5º) Celebrouse algunha reunión con representantes de Vicepresidencia para coordinar este tema?
Contestación: Unha reunión o 30 de xullo de 2007.

6º) Quen asistiu á reunión por parte do Concello?

Contestación: A Xefa de servizo e dous traballadores sociais.

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo