-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
Visita do Grupo Municipal Popular ao Centro de ASPNAIS

23/11/2007

* Esta foi a primeira reunión do calendario visitas ás asociacións que responderon á invitación que o Grupo Popular cursou a principio deste curso político.


Guiado pola Presidenta de APSNAIS, Concepción (Conchita) Teijeiro, o portavoz do Grupo Municipal, Joaquín García Díez, visitou esta tarde o centro ocupacional de ASPNAIS e entrevistouse cos seus responsables. García Díez recolleu as necesidades e preocupacións deste colectivo "esta reunión é unha mostra máis da preocupación e o compromiso importante que ten o Partido Popular con estas persoas".

   

Na visita participaron entre outros a concelleira, Sofía López Linares, responsable da área de servizos sociais do grupo, e os edís, Cristina Ares e Enrique Rozas.

Foto
Foto
Sofía López ofreceuse aos responsables de ASPNAIS para impulsar desde o grupo municipal "iniciativas para pór en marcha programas e medidas que beneficien a este colectivo e resolvan, na medida do posible, as súas problemáticas".
A edila popular resaltou o importante labor e o bo facer que ASPNAIS está desenvolvendo cos máis de 100 discapacitados que participan nas actividades que oferta o centro.
Foto
Foto
O Grupo Municipal Popular entende que a implicación das asociacións na vida municipal merece unha atención especial durante os próximos catro anos de mandato da actual corporación.
Foto

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo