O Grupo Municipal do Partido Popular solicita ao equipo de goberno máis medios para a banda municipal. Alicia Peña explica que, desde fai catro anos, non se renova o seu vestiario : "os abrigos están xa moi desgastados", e tamén se necesita renovar algún dos instrumentos deteriorados, "fai moito que non reciben nada", recalcou Pena Murias.
A edila popular considera que hai un desinterese por parte do Concello de Lugo por relanzar a banda. A ausencia de substitución por parte da mocidade é un dos seus problemas. De feito os 5 bolseiros que hai na actualidade cesan dentro dun mes: "Aínda que é certo que a cantidade non é sinónimo de calidade, está claro que tampouco hai calidade sen cantidade", subliñou a concelleira popular.
Na actualidade a banda municipal está formada por 17 músicos e 5 bolseiros, aínda que coñeceu tempos mellores durante os gobernos do Partido Popular, en que a agrupación chegou a ter ata 38 compoñentes. |