-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
Proposta de dotacións culturais e turísticas para Lugo

21/11/2007

* A construción do auditorio en Magoi será responsabilidade do Goberno Municipal socialista e da Xunta bipartita, pero o PP non será quen se opoña porque Lugo necesita XA un Auditorio.
* Os populares non renuncian a ter unha dotación cultural nun sitio céntrico e nobre da cidade e propón acondicionar unha sala de concertos no edificio vello do cárcere.
* O PP aposta por un Parador Nacional de Turismo no cuartel de San Fernando como novo motor económico e turístico da cidade e sitúa no barrio do Carmen o centro da romanización.
* Os populares lamentan a discusión interminable dos socialistas e nacionalistas sobre o emprazamento do Auditorio e recordan que xa pasaron dous mandatos completos de Orozco sen clarificar onde se construirá.


O Partido Popular presentou, en rolda de prensa, unha nova proposta de dotacións culturais e turísticas para cidade de Lugo. O deseño que propón responde a un proxecto de cidade "moderna, de futuro e aberta".

Tanto o Presidente Provincial, José Manuel Barreiro, como o portavoz do grupo municipal, Joaquín García Díez, lamentaron que "nove anos logo de goberno de Orozco, Lugo segue sen Auditorio. As xestións de dous mandatos para construír esta dotación cultural fracasaron".

O PP anuncia que non lle seguirá o xogo ao PSOE, nin será cómplice da perda de tempo que se suscita desde as filas socialistas discutindo espazos para situar esta infraestrutura.

A construción do auditorio en Magoi será responsabilidade do Goberno Municipal socialista e da Xunta bipartita, e o PP non se oporá porque Lugo necesita XA un Auditorio. Os Populares fixeron mención á Proposición Non de Lei que presentaron no Parlamento de Galicia para que o 100% desta parcela destínese a dotacións e equipamentos para a zona.

Para o Partido Popular o goberno de Orozco nunca apostou por San Fernando, e nunca tivo clara a localización do auditorio de Lugo: Está claro que os socialistas non queren vincular esta infraestrutura a un proxecto que puxo a andar o Partido Popular.

   

Dotación cultural no edificio do antigo Cárcere

O Partido Popular non renuncia a ter unha dotación cultural nun sitio céntrico e nobre da cidade.

O Centro histórico de Lugo ten que contar, con independencia da infraestrutura que se vaia construír en Magoi, cunha sala de concertos onde celebrar conferencias, concertos ou actos protocolarios de importancia para a cidade.


Foto

O PP propón situar esta sala de capacidade media no edificio do vello cárcere, unha obra que se pedirá que se acometa dentro do Plan URBAN. Esta situación pode resultar idónea polas súas características: a súa situación ao pé da muralla, a propiedade compartida cos concellos do antigo partido xudicial que poderían usar este espazo igualmente, a beleza e valor arquitectónico do propio edificio...

 

Centro da Romanización no barrio do Carmen

O Partido Popular aposta por un centro da romanización na zona do barrio Carme polas súas posibilidades de musealizar in situ neste barrio os abundantes restos romanos da zona.
O Grupo Popular é contrario á idea de facer un museo da romanización no cuartel de San Fernando. "A pouca distancia de San Fernando está o Museo Provincial e outras salas céntricas, mentres que no Carmen potenciaríase a idea de vincular o barrio da Tinería á historia da cidade e conservaríanse os restos nos lugares en que previsiblemente se acharán máis".

Parador de Turismo no Cuartel de San Fernando


Joaquín García Díez aposta por habilitar un Parador Nacional de Turismo no cuartel de San Fernando. "Se queremos potenciar Lugo como cidade de Congresos e con atractivos turísticos baseados no noso patrimonio e gastronomía necesitamos máis prazas hostaleiras". Esta proposta para o centro histórico actuaría como un novo motor económico da cidade.
O proxecto permitiría conservar o formato e a estrutura do cuartel de San Fernando, polo que García Díez comentou a súa confianza en que este proxecto "non xere novos informes que o paralicen por atentar contra a Muralla".

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo