"A primeira valoración dos orzamentos do Concello para 2008 é pobre e decepcionante; todo está collido con alfinetes". Deste xeito, o responsable de asuntos económicos, José Manuel Barreiro, iniciaba a súa comparecencia.
Durante a súa intervención subliñou "O escaso nivel de compromiso político tanto do goberno central como por parte da Xunta". Tamén indicou que non responden a un proxecto claro de cidade: "Estes orzamentos teñen unha característica singular, son os primeiros que se presentan neste mandato e como tal deberían marcar unha pauta de cal é o proxecto que ten o PSOE para a cidade Lugo".
|
Así, nunha partida tan importante como a do saneamento dos núcleos rurais, non hai garantía que se faga. Do total previsto de 1.970.000 ", máis de 1.100.000 " corresponden a unha achega da Xunta, para a que hai asinado "un protocolo que veremos que validez ten" indicou Barreiro.
Aos populares chamáronlles a atención os 983.566 " que achega o Estado para os orzamentos 2008, unha cifra que non responde para nada aos anuncios e reiteradas promesas dos cargos socialistas con Lugo: "Ou ben o Estado non quere pór nin un duro máis, ou ben este equipo de goberno é incapaz de xerar alternativas atractivas que impliquen un compromiso co goberno central".
O atraso é responsabilidade do goberno.-
García Díez criticou ao equipo de goberno por intentar forzar a aprobación do documento para o día tres de decembro, e rexeitou o calendario pechado que esta mañá presentou o alcalde para levar a pleno os orzamentos. A convocatoria prevista para este venres do Consello económico social, un trámite previo ao debate orzamentario, parecen indicar que agora "entroulles a présa".
Se se atrasa a aprobación dos Orzamentos a responsabilidade é unicamente de quen goberna. Joaquín García Díez recalcou que tiveron tempo dabondo para preparar a documentación. "Se o que queremos é revisalo Presupostos en serio, e estudar se conveñen ou non a Lugo, así como as alternativas que pode introducir o PP, non poden acoutar o prazo a 48 horas".
Nesa mesma liña o portavoz popular rexeitou as insinuacións dos socialistas con respecto a demora da tramitación do PXOM. "A ver se por preguntar pola compra de terreos dun concelleiro do equipo de goberno vaise atrasar o PXOM". García Díez puntualizou que "cada un que tire do seu carro que nós bastante estamos facendo con botarlle unha man a un goberno en minoría. Que teña claro o goberno de Orozco que non ten un cheque en branco, e que aínda que hai moi boas intencións por parte do PP non debería abusar apurando prazos".
O Partido Popular presentará nos próximos días as súas alternativas, e mañá ata avanzará unha proposta relativa ás dotacións culturais e turísticas para a cidade.
|