Joaquín García Díez insiste en que foi Orozco quen cambiou a reunión inicial, e na que estaba confirmada a asistencia dos populares e subliñou como o propio portavoz do PP ata pediu persoalmente, tanto ao Alcalde como a Don Francisco Liñares, unha nova data para reunirse. O portavoz do grupo explicou que tanto el como os outros dous portavoces, José Manuel Barreiro e Jaime Castiñeira participan nun acto de partido que se celebra en Madrid.
Por causa desta situación, o Grupo Popular pospón a súa valoración ata analizar, polo miúdo, a documentación dos Orzamentos, que espera remítaselle canto antes.
Para rematar o portavoz popular lamenta que Orozco aposte por levar a cabo un show mediático de face á galería, antes de traballar seriamente cos grupos da oposición nos Orzamentos.
|