-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular denuncia que o PSOE prima a creación de prazas de oficina na policía á de axentes na rúa

14/11/2007

* Enrique Rozas "a última proposta de contratar a 4 axentes de mobilidade é insuficiente tendo en conta, que se anulan 5 prazas".

* O concelleiro popular reclama que se reconvertan as catro de escala facultativa que anuncian, en axentes de rúa.

O Grupo Municipal critica con dureza a nova (e xa van cinco) reestruturación que o equipo de goberno de Lugo pretende facer no seo da policía local.

   

Para Enrique Rozas "o único positivo da planificación que se expón é o anuncio da creación de 4 prazas de axentes de mobilidade". Desde decembro de 2006, en reiteradas ocasións, desde o Partido Popular reclamouse esta figura.

foto
 

Rozas acusa ao Concello de incumprir o seu compromiso de reforzar presenza policial na rúa, e proba diso é a supresión do persoal de cinco prazas de: oficial, cabo, sarxento (2) e suboficial. O concelleiro popular puntualizou que se crean 4 prazas da escala facultativa (persoal de oficina) que son intendente, auxiliar de obras públicas e dous técnicos de explotación de sistemas informáticos.

O concelleiro popular reclama que se reconvertan as catro de escala facultativa que anuncian, en axentes de rúa.

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo